Skip to Content

Novas

Día da Poesía 2018

O alumnado de 4º E. Infantil agásallanos con este STOPMOTION baseado nunha poesía de Mª Victoria Moreno.

 

 

Día da poesía 2018 Mª Victoria Moreno from Infantil 3 Anxo on Vimeo.

Palabra do mes de marzo

Ismael Castañeda Díaz. Gañador da palabra do mes de marzo: CHUCHAMEL

 

 

Palabras do mes de marzo: BICO, SAPOCONCHO, PALAFRÉN, MORRIÑA, CÓXEGAS, XUNTOS, BOLBORETA

 

Todos os días son 8 de marzo

 

 

Todo o centro participou nunha liña de tempo composta por carteis nos que se representan mulleres que deixaron unha gran pegada dentro da nosa historia. Velaquí dous carteis das nosas escritoras: Rosalía de Castro e Mª Victoria Moreno.

O resto da exposición podédela atopar nos seguinte enlaces:

VÍDEO      MUSICORES

 

 

Exposición de banda deseñada.

Esta exposición estaba formada polos libros incluídos dentro da maleta viaxeira de Bibliotecas escolares, libros da biblioteca municipal e de BiblioAnxo.

Realizada polo EDLG e o Equipo de Biblioteca.

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 2018

Como conmemoración do día de Rosalía de Castro unímonos á iniciativa da AELG: #AbrideAfiestra

 

Tamén decoramos o corredor co rostro da autora:

 

Exposición: día da Paz.

"Se eu achase a palabra

eu pintaría o planeta

de paz e libredade"

                                                                   María Victoria Moreno.

Concurso de postais: postal gañadora no 2017.

Lecturas recomendadas para as vacacións de Nadal

Concerto grupo Iar

Tivemos a visita, novamente, deste grupo de música tradicional que fixeron un obradoiro sobre os distintos instrumentos do noso folclore e unha pequena representación. Un pase para EI, 1.º EP e 2. º EP e outro pase para o resto de niveis.

Maleta viaxeira: poesía en galego.

Exposición de poesía en galego en colaboración co Equipo de Biblioteca. Foron libros pedidos a Bibliotecas Escolares de Galicia.

 
Distribuir contido


by Dr. Radut