Skip to Content

Novas

LETRAS GALEGAS 2024

LETRAS GALEGAS 2024

 

Para festexar este día e homenaxear a Luísa Villalta, todos os cursos elaboraron pergamiños con poemas da homenaxeada. Unha vez feitos, empregamos bolsas para distribuílos polos comercios do barrio. Deste xeito, a xente que acudiu a mercar puido levar para a casa algún poema de Luisa Villalta. A elaboración dos pergamiños foi cousa de todos os cursos, aínda que foi o alumnado do terceiro ciclo o encargado de distribuílo polas tendas.

 

       

 

 

CERTAME LITERARIO, MODALIDADE DE POESÍA

E AQUÍ ESTÁN OS GAÑADORES DO CERTAME LITERARIO, CONCRETAMENTE, NA MODALIDADE DE POESÍA. 

 

PARABÉNS! 

 

VÉMONOS NA PRÓXIMA EDICIÓN, XA DE BANDA DESEÑADA. 

 

 

 

 

 

Semana da Prensa e 8M

                                 

 

Así de feito quedou o primeiro andar con motivo da celebración do Día de rosalía e máis o 8M. Cada clase elaborou unha nova protagonizada por unha muller, enchendo a planta de inspiración e exemplos de superación. Na próxima actualización, retomaremos a "Canción do Mes" e anunciaremos aos gañadores do Certame Literario na modalidade de "Poesía". 

 

Saúdos!

GAÑADOR DE FEBREIRO NA "CANCIÓN DO MES"

 

 

Pepe proclámase gañador da "Canción do mes" durante este febreiro. 

 

PARABÉNS, PEPE!

GAÑADOR DA CANCIÓN DO MES

 

E aquí está Antón, o noso gañador da "Canción do mes" co tema "Terra". 

 

PARABÉNS, ANTÓN!

Gañadores Certame Literario "Emilia García Barreiro", modalidade de "Contos de Nadal".

Velaquí os gañadores do Certame Literario "Emilia García Barreiro" na modalidade de "Contos de Nadal". Todos as candidaturas fixeron un gran traballo e aportaron historias moi divertidas e orixinais. Con todo, o Equipo EDLG decidiu escoller coma gañadores as pertencentes a Pepe (1º Ciclo), Martín (2º Ciclo) e Alís (3º Ciclo).

PARABÉNS!

 

 

 

 

 

CANCIÓN DO MES DE NOVEMBRO

A canción gañadora do mes de novembro é..."Muiñeira de Limiñoa", aportada pola compañeira Adriana de 6ºB. Estamos desexando escoitala soar durante uns cantos días.

Grazas!

PREMIO RECEITA DE SAMAÍN (TERCEIRO CICLO)

 

O gañador foi...Anxo! 

 

PARABÉNS!

GAÑADORES CONCURSO DE RECEITAS DE SAMAÍN 2023

Bo día dende o CEIP Anxo da Garda! Estes son os gañadores do concurso de receitas de Samaín celebrado no mes de outubro. Trátase de Carlos (categoria de Infantil), Fernando (1º ciclo), Alva (2º ciclo) e mais Anxo (3º ciclo). A foto do gañador correspondente ao terceiro ciclo publicarase a semana que ven.

 

PARABÉNS!

 

 

 

PRIMEIRA EXPO CABAZA

 

PRIMEIRA "EXPO CABAZA"

Estes días estamos a expoñer todas as cabazas que decorou o alumnado de cara á próxima festividade de Samaín. Agardamos que sexa a primeira exposición de moitas, algo do que non temos dúbida, dada a excelente participación que estamos a ter.

Distribuir contido


by Dr. Radut