Deportes

CAMPIONATO PROVINCIAL DE DUATLÓN (LUGO)

 

O Sábado 20 de abril de 2013 os atletas do CEIP A. Insua Bermúdez pertencentes as Escolas Deportivas Lugo-Vilalba de Triatlón do Clube Fluvial participarán na PROBA PROVINCIAL DE DUATLÓN en LUGO .

  • Alumnado participante: Alumnado AUTORIZADO E ASEGURADO DE 3º,4, 5º e 6º curso.
  • Lugar da proba: Parque do Río Rato, Lugo, 
  • Horario do evento:  verificacións e dorsais ás 3:00h e comezo da proba benxamín ás 4:00 da tarde.
  • Transporte de Vilalba: ás 02:05h NA GASOLINEIRA GALP, á entrada de Vilalba desde Rábade.Tratade de estar puntuais. Se vades pola vosa conta á Lugo, chegade antes das 3:00h
  • Volta a casa: Na gasolinera GALP sobre as 7:30 horas da tarde.
  • Material: Importante traer casco e bicicleta de marchas, a bicicleta debe estar en boas condicións, freos e cubertas, en caso de non dispoñer de casco ou bici, o clube pode prestalo sen problema. As bicicletas viaxan no transporte. Para repoñer forzas ao rematar a proba aconséllase levar da casa unha botelliña de auga, un pequeno bocadillo e unha peza de froita, por si acaso, ainda que na proba darán un refrixerio.
  • Entrega de Trofeos: por individual e equipos sobre as 6:45h. Servirá para clasificarse para o Campionato Galego de Duatlón o 17 de maio no Carballiño.

Probas por categorías: 

  • Benxamíns: (nados 2005 ao 2003[curso 2º,3º e 4º]). Proba: 500m. carreira + 2.000m bici + 250m de carreira.
  • Alevíns: (nados 2002 ao 2001. {curso 5º e 6º}). Proba: 1000m carreira + 4.000m bici + 500 m de carreira.

Teléfonos de contacto:  -Adrián, responsable de Clube triatlón: 682 61 28 96.

Recoméndase que os atletas traian xa da casa, baixo o chándal,roupa de deporte óptima para a carreira: pantalóns curtos ou mallas, camiseta curta. (se vai moito frío uns guantes de la para as mans e unha braga de montaña para a gorxa). Unha vez rematada a proba é necesario levar roupa para cambiarse: camiseta, toalliña, calcetíns e outro calzado secos.

RESULTADOS 2ª Clasificatoria Atletismo Lugo 14/4/2013

Adxuntamos no documento de abaixo os resultados dos atletas participantes na segunda xornada Clasificatoria de Atletismo celebrada no estadio de atletismo Gregorio Pérez Rivera de Lugo o pasado 14 de abril de 2013.

O Domingo disfrutamos dunha nova xornada atlética, ao longo de toda a mañá e a tarde os atletas do noso centro educativo participaron en probas de velocidade, medio fondo e fondo, lanzamentos de pelota, peso e jabalina, marcha atética, salto de lonxitude...

Lémbramos que se clasifican para o Campionato Provincial os 8 primeiros atletas de cada proba (por posto ou por tempo/marca, cando se disputan varias series.

Parabéns a tódolos participantes, cumprimos sobradamente os pronósticos para o noso primeiro ano no atletismo de competición.

 

Galería de imaxes do evento.

2ª Xornada Clasificatoria Atletismo en Pista Domingo, 14 abril de 2013

 

O próximo domingo 14 de abril de 2013, celebrarase nas instalacións do Estadio Gregorio Pérez Rivera da Lugo, a segunda xornada clasificatoria de atletismo en pista.

O CEIP Antonio Insua Bermúdez acudirá ao evento cuns 40 atletas de diferentes categorías e en varias modalidades de saltos, lanzamentos e carreiras.

O transporte, pendente de confirmar sairá da Alameda sobre as 9:30 da mañáe voltaremos sobre as 8:30 da tarde. Deportes invitaranos a comer aos de fora da cidade de Lugo.

Adxuntamos horario modificado das diferentes probas.

Resultados 1ª Proba Clasificatoria de Atletismo en Pista 2013

Proba Preparatoria Atletismo Lugo 2013 CEIP ANTONIO iNSUA bERMÚDEZ

Adxuntamos resultados da 1º Xornada de Atletismo en pista 2013 disputada no Estadio Municipal de Lugo : Gregorio Pérez Ribera o pasado domingo 17 de Abril de 2013.

Prema na ligazón para acceder ás imaxes da proba.

Proba Clasificatoria de Duatlón VIVEIRO 2013

NOTA INFORMATIVA PROBA DUATLÓN (VIVEIRO)

 


DUATLON VIVEIRO XOGADE 2013 CEIP ANTONIO INSUA BERMUDEZ VILALBA LUGO

O Sábado 9 de Marzo de 2013 o alumnado AUTORIZADO do CEIP A. Insua Bermúdez participará na PROBA CLASIFICATORIA DE DUATLÓN de VIVEIRO (Lugo) .
     Alumnado participante: Alumnado AUTORIZADO E ASEGURADO DE 3º,4, 5º e 6º curso.
     Lugar da proba: Porto de Celeiro , Viveiro (Lugo), comezo da proba ás 4:00 da tarde..
     Saída do Transporte: ás 13:45 NA GASOLINEIRA GALP, á entrada de Vilalba desde Rábade. Tratar de estar 5 minutos antes.
     Volta a casa: Na gasolinera GALP sobre as 7:30 horas da tarde.
     Probas por categorías:  

     Para repoñer forzas ao rematar a proba aconséllase levar da casa unha botelliña de auga, un pequeno bocadillo e unha peza de froita, por si acaso, ainda que na proba darán un refrixerio.
     Material: Importante traer casco e bicicleta, se pode ser de marchas mellor, a bicicleta debe estar en boas condicións, freos e cubertas…), en caso de non dispoñer de casco ou bici, o clube pode prestalo sen problema. As bicicletas viaxan no transporte.
     Teléfonos de contacto:  -Adrián, responsable de Clube triatlón: 682 61 28 96.

   IMPORTANTE CHUVIA E FRIO: Recoméndase que os atletas traian xa da casa, baixo o chándal,roupa de deporte óptima para a carreira: pantalóns curtos ou mallas, camiseta curta. (se vai moito frío uns guantes de la para as mans e unha braga de montaña para a gorxa). Unha vez rematada a proba é necesario levar roupa para cambiarse: camiseta, toalliña, calcetíns e outro calzado secos.

Prema nas imaxes para ver o albúm de fotos do evento deportivo

COMEZO TEMPADA DE ATLETISMO EN PISTA

En breve comezará a tempada escolar de Atletismo escolar en Pista. O noso centro presentarase a este evento por primeria vez para tomar contacto co Atletismo en pista.

CATEGORÍAS:

  • Benxamíns: (cursos 2º e 3º), persoas nadas nos anos 2004 e 2005.
  • Alevíns: ( cursos 4º e 5º), persoas nadas nos anos 2003 e 2002.
  • Infantín: ( cursos 6º e 1º de ESO), persoas nadas nos anos 2001 e 2000.

PROBAS DE ATLETISMO EN PISTA

Xuntamos o cadro das probas por categorías e sexos.

MATERIAL NECESARIO

  • Equipación deportiva do centro: chándal, camiseta e mallas.
  • As Zapatillas de clavos sempre dan mellor rendemento, córrese máis e  sáltase máis lonxe na pista que coas tradicionais,no Decathlón pódense atopar zapatillas de clavos desde 34 euros, se non se pode ou non se quere chega cunhas zapatillas normais.

DATAS E LUGAR DE CELEBRACIÓN DAS PROBAS

  • Lugo: Pistas do novo estadio de Atletismo Gregorio Pérez Rivera.
  • Domingos no mes de marzo, durante todo o día, dende as 10:00 ata as 7:30 da tarde. Concretaranse as datas.

COMEZA A TEMPORADA DE DUATLÓN

Comeza a tempada de Duatlón e a Federación Galega de Triatlón asi como as escolas de Lugo e Vilalba invitan ao alumnado do noso centro a participar nestas competicións de Duatlón escolar.

AS CATEGORÍAS:

  • Benxamins ( cursos 2º, 3º e 4º): persoas que naceron do 2003 ao 2005.
  • Alevíns (cursos 5º e 6º): persoas que naceron  no 2002 e o 2001.

 

AS DISTANCIAS A PERCORRER:

LUGARES E DATAS DAS PROBAS

  • 9 de Marzo pola tarde Clasificatorio de VIVEIRO.
  • 6 de Abril pola tarde Clasificatorio de VILALBA.
  • 20 de Abril pola tarde Campionato Provincial de Lugo.
  • Campionato galego aínda por determinar lugar, data e horario.

MATERIAL NECESARIO

  • Zapatillas para correr.
  • Bicicleta, se pode ser con marchas e de carreiras mellor, se non unha de montaña ou de paseo, revisada, con freos funcionando ben e cubertas sanas con goma.
  • Casco

CAMPIONATO GALEGO DE ACUATLON VILALBA.

Mañá 23 de febreiro de 2013 celebrarase nas instalacións polideportivas da Magdalena a Proba Galega de Acuatlón 2013.

Nas instalacións da Piscina da Magdalena daranse cita os mellores atletas da comunidade nesta disciplina deportiva. O noso centro acude representado por varios alumnos de diferentes categorías pertencentes ao clube de triatlón de Vilalba, sección do Clube Fluvial de Lugo.

A proba de Acuatlón para os máis pequenos será de 50 metros libres a nado e 500 m. de carreira pedestre. Animamos a tódolos que queiran animar e coñecer esta disciplina deportiva que se acheguen a piscina a partires das 10:00 horas.

CAMPIONATO GALEGO CAMPO A TRAVÉS

O Sábado 23 de Febreiro de 2013 celebrase o Campionato galego escolar de Campo a Través nas instalacións do Balneario de Guitiriz.

O CEIP Antonio Insua Bermúdez asiste co equipo Alevín masculino composto por Lucas, Pedro e Victor, Lois, Iker e Rubén. Tomarán o autocar que ven de Viveiro as 10:00h diante do colexio Antonio Insua Bermúdez de Vilalba.

Nas categorías alevín e infantil cada equipo estará formado por un máximo de 6 corredoras/es e un mínimo de 4 , dos que puntuarán as/os 4 mellor clasificadas/os.

Tódolos participantes deben portar a camiseta do seu clube ou centro.

Achegamos Horario das probas e plano do circuíto.

Nova na prensa " El Progreso".

Ao rematar a proba poñeremos a vosa disposición a reportaxe fotográfica do evento.

Campionato Provincial de Campo a Través 2012-2013

 

O Domingo 3 de febreiro de 2013 celebrouse nas instalacións do estadio vilalbés da Magdalena o Campionato provincial de Campo a Través.

O noso centro, CEIP Antonio Insua Bermúdez participou varios equipos nas categorías Benxamin, Alevín e Infantil.

O tempo atmosférico proporcionounos unha mañá agradable e as sensación finais foron moi positivas, das seis probas nas que participamos conseguimos podium en tres  delas, parabéns a tódolas persoas participantes, aos que gañaron e aos que participaron.

Para o campionato Galego de Campo a Través que se celebrará o 23 de febreiro no Balneario de Guitiriz quedaron clasificados o equipos A Alevin masculino formado por: Rares, Lois Xosé, Iker, Victor, Pedro e Rubén.

Para o ano que ben quedades todos convidados a volver participar.

Deixamosvos o plano do circuíto e a Nota Informativa asi como un enlace para ver imaxes da proba e dos podiums.

Preme na cámara de fotos para acceder ao album de fotografías do evento.

Distribuir contido