Deportes

CAMPIONATO PROVINCIAL DE DUATLÓN 25 DE ABRIL DE 2015,

CAMPIONATO GALEGO DE NADA CORRE 2015 (PONTEVEDRA, CENTRO DE TECNIFICACIÓN DEPORTIVA)

O Sábado 21 de marzo de 2015, acudiu unha gran representación do clube de triatlón a unha nova edición anual do Campionato Galego de Nada e Corre, No Campionato Galego danse cita os atletas clasificados nas fases zonais anteriores. O clube de Triatlón conseguíu unha boa actuación ao quedaren en zona de podium atletas en varias categorías e conseguiren o trofeo por equipo noutras. Moi orgullosos destas persoas participantes polo esforzo e resultados acadados.

Algúns deles, ao día seguinte participaron na Primeira Clasificatoria de Atletismo Escolar en Lugo e ademaís con bvos resultados.

Acceso á galería de imaxes.

 

CLASIFICATORIAS TRIATLÓN: NADA E CORRE EN LUGO E NARÓN

Nos derradeiros fins de semana de febreiro disputáronse en Lugo,  pìscina das Pedreiras e no estadio Gregorio Pérez, asi coma en Narón, na piscina e estadio atletismo da Malata, sendas probas clasificatorias para o galego da especialidade do triatlón Nada e Corre. En cada proba e día clasificábanse 6 atletas por proba. Ao termo das súas sesións clasificatorias acudimos con unha boa representación á proba galega. Parabéns a tódolos atletas que se esforzaron e participaron neste superdeporte, á medida para superatletas.  

Crñonica da 1ª Proba de DUATLÓN en Guitiriz (29/03/2014)

O sábado 29 de marzo disfrutamos dunha xornada de Duatlón 

 

 

 

 Galería de imaxes do evento

Galería de imaxes de Marcos Pereira(r).

 

 

 

CAMPIONATO GALEGO DE DUATLÓN ESCOLAR CARBALLIÑO 2013

IV CARREIRA POPULAR DAS LETRAS GALEGAS (Sábado 17 de maio de 2013)

 

DÍA: 18 de maio de 2013.


LUGAR: Praza do Concello de Vilalba.

HORA DE PROBA: Entrega de Dorsais e chip *, entre as: 2:00 horas e 3:30horas. A primeira categoría correrá ás 4:00h da tarde.

 


CATEGORÍAS:
•    Categoría +5: nados no 2004,2005,2006, 2007 e 2008. Percorrido: 450 metros. Saída da praza da Constitución, rúa de Galicia, rúa Xosé María Chao Ledo e volta á meta pola rúa dos Pepes.
•    Categoría +10: nados 2003,2002 e 2001. Percorrido: 850 metros. Saída da Praza da Constitución, rúa da Pravia, rúa Campo de Puebte e volta á meta pola rúa Basanta Silva.
•    Categoría +13: nados 1997,1998,1999 e 2000. Percorrido: 1600 metros. saída na Praza da Constitución , rúa da Pravia, rúa Campo de Puente, rúa de Muras, rúa de Foz e volta á meta pola rúa Basanta Silva.

 

INSCRICIÓN:  Ata o martes 14 de maio de 2013 ás 13:30 horas, na páxina web oficial da proba: www.vilalba.org/carreirapopular/ ou www.championchipnorte.com ou no cole, preguntar polo profe Suso, no cole a inscrición é gratuíta.

* O chip SOAMENTE SERÁ PARA OS MAIORES.












CAMPIONATO PROVINCIAL ATLETISMO (5-5-2013)


CEIP Antonio Insua Bermúdez

O pasado domingo 5 de maio de 2013, celebrouse unha nova edición do campionato provincial de atletismo en pista no estadio Gregorio Pérez Rivera de Lugo.

O CEIP vilalbés Antonio Insua Bermúdez acudiu por primeira vez a este evento e os resultados colleitados foron excelentes, dun total de 26 atletas clasificados para a finalísima en diferentes disciplinas, conseguimos diferentes metais ademais de excelentes postos na clasificación final:

50 ml benxamin feminino: Aurora clasificouse para a final de velocidade quedando a segunda mellor marca do seu ano.

60 ml alevín masculino: excelente título de campión provincial para Rares Mezdrea que sen ter a mellor marca dos finalistas conseguiu chegar primeiro á meta axudado por unha boa saída de tacos e unhas zapatilla de clavos que estreamos para a semifinal e final. Felicidades. Na proba feminina Noa mellorou a súa marca de 60ml na semifinal respecto ás clasificatorias.

No Km marcha benxamín: ouros e polo tanto campións provinciais: Iván Prado Trastoy e Aurora Romero. Plata para Vicente Castro Rico. Para o ano que ben temos moi boas potencialidades nos mesmos atletas ao ser de primeiro ano, ademais de novas promesas como Guadalupe e Aitana que de seguro farán bos tempos na marcha benxamin.

No Km marcha alevín: excelente primeiro posto e campión provincial Lois e Bronce para Ana Insua Yáñez, unha moi boa actuación de Claudia e Eva, esta última alevín de primeiro ano que dará guerra a próxima temporada.

Nas probas de medio fondo e fondo, 500 ml, 1000 ml e 2000 ml: melloramos as marcas no provincial e estivemos preto dos tempos do podium, felicidades a Lucas, Noa, Iker, Raul Alvariño , Samuel Alvariño e María Morado fixeron valer maiores doses de experiencia e táctica nas súas finais.

Nos lanzamentos tivemos grandes melloras e éxitos esperados e non esperados:

Lanzamento de peso: María Díaz, alevín, mellorou moito o seu rexistro e ascendeu ao subcampionato provincial, medalla de plata para ela, que repetiu podium en lanzamento de pelota, terceiro posto.Na categoría infantil o polifacético Manuel Lamela, quedou quinto en lanzamento de peso 3 kg e ascendeu moito na final de disco, bo concurso para Manuel.

Lanzamento de pelota: excelente actuación de Ana Insua, alevín feminino, que recén rematada a proba de 2 km marcha cunha recta final espectacular na que por dous metros non consegue o segundo posto, facendo una proba progresiva de menos a mais desde a octava posición, deulle tempo a rematar e facer seis lanzamentos de pelota cun segundo posto e subcampionato provincial de pelota alevín feminino. E no terceiro posto copando case todo o podium a vosa querida María Díaz que repetiu como dixemos antes segundo posto en peso. Os rapaces rozaron os postos de podium, Vicente Castro, benxamín, quedou por pouco ás portas do terceiro posto e David Franco, alevín,  estivo en podium boa parte da proba. Moi ben!.

Lanzamento de disco: Nuno Teijeiro medalla de bronce no provincial rozando os 20 metros na mellora.

Lanzamento de dardo (jabalina): Ismael Francos subcampión provincial da proba e Sofía García coa segunda mellor marca non puido acudir á final por coincidir co provincial de ximnasia, mágoa desa potencial medalla de plata. De tódolos xeitos a tamén multilateral María Morado fixo un quinto posto na final, pasando a mellora na categoría de infantil. Parabéns!

Clica aquí ou enriba para ver o cartafol de imaxes do evento

 


 

Pero non rematamos co atletismo, o próximo día 25 de maio de 2013 celebrarase o Campionato Galego de Atletismo en pista categoría infantil e cadete nas pistas do estadio Gregorio Pérez Rivera de Lugo, e temos clasificados para este evento a dous atletas do CEIP Antonio Insua Bermúdez:

  • Ismael Francos (2º) en dardo (jabalina).
  • Nuno Teijeiro en disco (3º).

Tamén avanzamos que o venres 17 de maio de 2013 se celebrará no Carballiño o Galego de Duatlón, e alí iremos con varios atletas e equipos das escolas de Triatlón. E ao día seguinte o sábado 18 de maio celebraremos a Carreira Popular das Letras Galegas do Concello de Vilalba, a inscrición estará aberta ata uns días antes, apuntádevos!

Iso foi todo polo miudo, asi foron as cousas e así as contamos, saudiños

ATLETAS CLASIFICADOS PARA O CAMPIONATO PROVINCIAL DE ATLETISMO DOMINGO 5 DE MAIO DE 2013

No documento pdf adxunto poderedes atopar os resultados dos dous días de clasificatoria de atletismo, as mellores 16 marcas de cada proba e categoría está seleccionados para participar nesta competición:

Abride o documento adxunto co visor Adobe Acrobat e os alumnos seleccionados atópanse repasados con cor amarelo e os non seleccionados atópanse en cor vermella ou non se atopan na lista ao estaren descalificados ou non rematar a proba.

Prégase repasen e confirmen os datos, varios ollos ven moito mellor que dous!

Achegadevos polo ximnasio no recreo para pulir técnica e entrenar de cara ao campionato provincial.

Os infantís poderanse clasificar para o campionato galego, alevíns e benxamíns rematan fase no provincial o domingo 5 de maio de 2013.

EXCELENTE ACTUACIÓN DOS ALUMNOS DO COLE NO CAMPIONATO PROVINCIAL DE DUATLÓN 2013

Campionato XOGADE Provincial Duatlón Lugo 2013

O pasado sábado 20 de abril de 2013, celebrouse no circuíto do paseo de río Rato en Lugo, un ano máis neste fermoso circuíto, o Campionato Provincial de Duatlón enmarcado na campaña de deporte escolar XOGADE.

Os atletas do noso centro inscritos nas Escolas de Triatlón Lugo-Vilalba pertencentes ao prestixioso clube Fluvial de Lugo, acadaron unha excelente actuación:

  • Nas categorías benxamín feminino con ouro por equipos para Eva Sanmartín.
  • En categoría alevín feminino: Lara, María Morado, Ana, Ana Insua e Noa.
  • En alevín masculino ouro por equipos para Samuel Alvariño e Lucas, plata por equipos para Ismael Francos e Rubén Fraga.
  • En infantil masculino ouro e plata individuais e ouro por equipos para exalumnos do centro: o grande Antonio e o gran Xosé Manuel.

A próxima proba para estes atletas clasificados será no CAMPIONATO GALEGO de DUATLÓN o 17 de maio no Carballiño.

Nesta ligazón podedes ver a nova no xornal EL PROGRESO

 

 

 

 

Clica na imaxe ou na ligazón para ver a galeria de imaxes do evento deportivo.

DUATLÓN EN VILALBA (6 ABRIL 2013)

Duatlón Vilalba 2013 EL PROGRESO CEIP ANTONIO INSUA BERMÚDEZ

O pasado sábado 6 de abril de 2013, celebrouse en Vilalba a segunda proba clasificatoria de Duatlón valedeira para o pase á Final Provincial que se celebrará en Lugo no circuíto do Rato o sábado 20 de abril.

No circuito, xa clásico, ubicado entre o Gadis e o polígono, déronse cita uns 80 deportistas de diferentes categorías para disputaren as tres fases da competición de Duatlón: tramo de carreira pedestre, carreira ciclista e tramo final de carreira pedestre, segundo a categoría as distancias vanse facendo maiores.

Os atletas participantes do noso centro a maioría están integrados no equipo das Escolas deportivas de Triatlón Lugo-Vilalba da sección de Triatlón do pretixioso clube internacional do Clube Fluvial.

A organización agasalle sempre o esforzo supremo destes deportistas cunha medalla para o espírito de tódolos que rematan a proba e tamén cun refrixerio para recuperar o corpo do gasto enerxético realizado.

Na reportaxe fotográfica podedes atopar intres deste evento así como recortes de prensa da nova recollida no xornal EL PROGRESO de Lugo.

Clica na ligazón para acceder á reportaxe fotográfica

Distribuir contido