COMISIÓN ACTIVIDADES

VII CARREIRA POPULAR LETRAS GALEGAS

Montaje creado Bloggif

Benvidos, benvidas a outra nova edición da tradicional Carreira Popular das Letras Galegas de Vilalba, adicadas este ano ao insigne chairego: D. Manuel María. Convidámosvos a reservar na vosa axenda  o Martes 17 de maio de 2016 a partires das 10:00 am 

CATEGORÍAS DOS PARTICIPANTESCategorías masculinas e femininas:

  • Categoría +5, nados/as entre 2011 e 2010 (ambos inclusive).
  • Categoría +7, nados/as entre 2009 e 2007 (ambos inclusive).
  • Categoría +10, nados/as entre 2006 e 2004 (ambos inclusive).
  • Categoría +13,nados/as entre 2003 e 2000 (ambos inclusive).

INSCRICIÓN PARA MENORES NA CARREIRA POPULAR: Na web do Cencello  www.vilalba.org/carreirapopular/     Inscrición gratuita para menores.  Do martes 26 de abril  AO 13 de maio de 2016.

  • Inscricións no Concello, presenciais a partir do martes 26 de abril na Oficina de Deportes do Concello de Vilalba en horario de 9 a 13:30 horas. Peche de inscricións o venres 13 de maio ás 13:30 horas. Preme aquí para descargar o formulario
  • Inscricións pola web,    Preme aquí para facer a inscrición en liña . Precisa participación dun maior e cumprimentar algúns datos , especialmente DNI  e correo electrónico do maior que autoriza.
  • Inscricións de adultos por Champions Chip.  Preme aquí para acceder ao enlace da inscrición de adultos.
  • Nos coles a través do profesorado de Educación Física, co formulario cuberto e con datos de DNI  do titor/a e un correo electrónico para confirmar a inscrición.

ENTREGA DE DORSAIS:

Os dorsais entregaránse o día da proba (17 de maio) nos mostradores da organización sitos na Praza da Constitución dende as 10:00 ata as 11:00 horas.  Lembrade que o trafico será dificil a esa hora e ide con tempo.

PERCORRIDOS:

CATEGORÍA +5: 300 metros.Saída na Praza da Constitución, rúa de Galicia, rúa Xosé María Chao Ledo e volta á meta pola rúa dos Pepes. 

CATEGORÍA +7: 600 metros.  Saída na Praza da Constitución, rúa de Galicia, rúa Xosé María Chao Ledo, aparcadoiro subterráneo, dirección a Rúa novo Cazón, Rúa Luis González Valdesuso, e volta pola rúa Basanta Silva.

CATEGORÍA +10: 850 metros. Saída na Praza da Constitución, rúa da Pravia, rúa Campo de Puente e volta á meta pola rúa Basanta Silva.

CATEGORÍA +13: 1600 metros.Saída na Praza da Constitución, rúa da Pravia, rúa Campo de Puente, rúa de Muras, rúa de Foz e volta á meta pola rúa Basanta Silva. 

 

TROFEOS:

Trofeo para o primeiro/a, segundo/a e terceiro/a de cada categoría.

Obsequio e avituallamento final para todos os que rematen a proba.

Sorteo de xoguetes, artigos e demais detalles o finalizar a entrega de trofeos.

INCHABLES DE OCIO PARA OS MÁIS PEQUENOS. 

 

INFORMACIÓN DE RESULTADOS:

 Na páxina web oficial da proba:

    • www.vilalba.org/carreirapopular/
    • www.championchipnorte.com

2ª XORNADA CLASIFICATORIA DE ATLETISMO 24/04/2016 LUGO

 II PROBA CLASIFICATORIA DE ATLETISMO EN PISTA

DOMINGO 24 ABRIL DE 2016  ESTADIO GREGORIO PÉREZ RIVERA (LUGO)

Saída do autobús diante do cole CEIP Antonio Insua Bermúdez ás 09:00h am (40 plazas)

 HORARIOS DAS PROBAS MODIFICADOS

Montaje creado Bloggif

 

 
ALUMNADO PARTICIPANTE: aberto ao alumnado do CEIP Antonio Insua Bermúdez de Vilalba e quen queira participar. O listado de inscritos ten erros que xa se subsanaron, xente que ao final non vai e algún que non tiña proba asignada.

CATEGORÍAS: Benxamín ( 2008-07)Alevín (2006-05)Infantil (2004-03) e Cadete (2002-01).

LUGAR DA PROBA: Estadio de Atletismo GREGORIO PÉREZ RIVERA, Lugo (Xunto ao Pabillón de Deportes Novo do Breogán).

DATAS PROBAS: 1º Clasificatoria ( domingo, 10 de abril), 2ª Clasificatoria ( domingo, 24 de abril) e Campionato Provincial (domingo 15 de maio).Clasificaranse para o Campionato Provincial as 18 mellores marcas das 2 probas clasificatorias. 

PROBAS POR CATEGORÍAS: (Ver web do centro). Infantís e cadetes poden participar en 3 probas, resto en 2, non sendo dúas carreiras longas. As probas cadete de 1000m  pasan a ser de 600 e as persoas inscritas pasanse automaticamente a esa proba.

HORARIOS DAS PROBAS: (Horario MODIFICADO, non é o mesmo que a última proba clasificatoria, ten novidades)

TRANSPORTE: Saída do autobús diante do cole CEIP Antonio Insua Bermúdez ás 09:00h am, prégase confirmar cando se inscriba se usará transporte escolar ou irá pola súa conta.

NORMAS NO ESTADIO: lembrannos dende Deportes e a FGA Lugo que a pé de pista so poden estar os adestradores, nin atletas que non participan nese intre, nin delegados, nin pais, nin fotografos ameteurs, que nalgún momento hai máis pais que atletas nas pistas.controlados. Os nenos non deberán andar polas pistas cando non teñen probas, e o mediodía,que non utilicen os fosos de lonxitude, xa vichedes como estaba a pista manchada  de area pola tarde. Grazas pola vosa axuda.!

COMIDA:  cada atleta deberá levar a súa propia bebida e comida do almorzo e merenda.

ROUPA: Pregamos incluades na vosa mochila roupa para cambiarse logo da competición e crema de protección solar!!

INSCRIPCIÓN: A inscrición deberá realizarse antes do xoves da competición. Comunicaranse ao mestre de E.F. 616501003. É UNHA ACTIVIDADE GRATUÍTA, pregamos seriedade e que se inscriban soamente os que vaian a participar, aqueles atletas que se inscriban e non acudan á convocatoria serán penalizados cunha multa simbólica de 3 euros.  

REPORTAXE FOTOGRÁFICA: realizarase unha reportaxe fotográfica da xornada e poderanse acceder e descargar as imaxes da 2º Clasificatoria no álbum da Galería Fotográfica.   

AUTORIZACIÓNS: Os rapeces e rapazas do instituto se participades e non tedes autorización paterna asinada, descargádea e entregadea firmada ao responsable.

Podedes consultar documentos adxuntos clicando aquí abaixo.

FINAL PROVINCIAL DE DUATLÓN ESCOLAR(Sábado,16 de abril de 2016)

Montaje creado Bloggif

 

imaxes das personas participantes do pasado Provincial 2014-15

 

Saída do BUS: dende a Gasolineira GALP en Vilalba, hora sen decidir, estade pendentes na web do cole.

 

Data e horario da carreira: sábado 16 de abril de 2016 ás 3:15h pm

 

Lugar da competición: no paseo do Rato, á altura do restaurante Terras do Miño. En transporte particular ide con tempo porque 1h antes péchase o tráfico.

 

Horario da carreira:Sábado 16 de abril de 2016 ás 3:15h pm

 

  • Saída categoría benxamín ás 16:00h
  • Saída categoría alevín ás 16:20h
  • Saída categoría infantil ás 16:50h
  • Saída categoría cadete ás 17:30h
  • Hora de remate das probas ás 18:20h

 

Distancias:

  • Categoría benxamín ( cursos 3º e 4º): 0,5 km de carreira a pé – 2 km en bicicleta – 250m de carreira a pé
  • Categoría alevín ( cursos 5º e 6º): 1 km de carreira a pé – 4 km en bicicleta – 500m de carreira a pé
  • Categoría infantil ( cursos 1º e 2º ESO): 1.5 km de carreira a pé – 6 km en bicicleta –750 m de carreira a pé
  • Categoría cadete ( 3º e 4º ESO): 2 km de carreira a pé – 8 km en bicicleta – 1 km de carreira a pé 

 

Recollida de dorsais:na carpa de organización, nas inmediacións da transición, zona do restaurante Terras do Miño, desde 03:15 h pm (45´ antes do comezo) de cada proba ata 10´ antes da saída. Os dorsais recíclanse, é preciso devolvelos para tomar a auga e a froita que nos agasalla a organización.

 

Verificación de material: 10min antes da cada proba os xuíces verifican a bicicleta e o casco obrigatorio no aparcamento de bicis ( verifican estado do debuxo das rodas, os freos e o casco posto, que non se mova). Recoméndase bicicleta de marchas, se alguén non dispón  de caso ou bici, que acuda con tempo para que o clube lle poida prestar algunha, Preguntar por Juan( papá de María Morado ou por Adrián) se tedes algunha dúbida pedídelle axuda a algún neno do cole que vaia a tríatlon.

 

Premios:medallas para os tres primeiros clasificados/as de cada categoría  e medallas por equipos. Os participantes clasificados pasarán para o Campionato Galego de Duatlón escolar.

   

A inscrición é para aqueles atletas que participaron e chegaron a meta nalgunha das probas clasificatorias. Aqueles que se inscriban e non acudan por calquera razón deberán aboar 3€ por inscrición e non asistencia. Confirmar asistencia e inscrición a 616501003 como máximo o martes 12, ás 18:00pm.

 

DUATLÓN ESCOLAR MONDOÑEDO (DOMINGO, 3 ABRIL DE 2016)

PROBA CLASIFICATORIA DE CAMPO A TRAVÉS 31 Xaneiro de 2016

COMEZA A TEMPADA DE CAMPO A TRAVÉS

Comeza a tempada de Campo a Través 2016. As probas celebraranse nas instalacións vilalbesas da Magdalena en domingo e pola mañá, como ven sendo habitual nos últimos tempos. 

Se o tempo de inverno o permite, as datas programadas son estas:

  • 1º Proba PREPARATORIA ->DOMINGO 24 de XANEIRO
  • 2º Proba CLASIFICATORIA -> DOMINGO 31 de XANEIRO. ( Clasificación individual e por equipos).
  • CAMPIONATO PROVINCIAL -> DOMINGO 14 de FEBREIRO.( MEDALLAS Á Clasificación individual e por equipos).

 

 DISTANCIAS A PERCORRER

                          PREP                    CLASIFIC                          

Benxamin Femenino         500                        600                                       

Benxamin masculino         500                        600                                       

  Alevin Femenino                800                       1000                                        

Alevin Masculino               1000                      1200                                     

Infantil Femenino             1000                      1200                                     

Infantil Masculino             1200                      1600                                     

Cadete Femenino             1200                      1600                                     

Cadete Masculino             2500                      3500                                    

 

As CATEGORÍAS de Campo a Través, xa as coñecedes:

  • BENXAMÍN FEMININO E MASCULINO: Atletas que naceron no 2008-07 ( 2º e 3º curso)
  • ALEVÍN FEMININO E MASCULINO: Atletas que naceron no 2006-05 ( 4º e 5º curso)
  • INFANTIL FEMININO E MASCULINO: Atletas que naceron no 2004-03 ( 6º E 1º ESO)
  • CADETE FEMININO E MASCULINO: Atletas que naceron no 2002-01 (2º e 3º ESO)

Solicitamos a máxima participación posible, especialmente para a CLASIFICATORIA E PROVINCIAL. Queremos bater o récord de participación de cursos pasado que está en 120 atletas. Rogamos que se apunte o maior número posible e os que de verdade teñan intención de asistir. Lembra que asistir xa é un desafío, un grande éxito.

Lembramos do mesmo xeito aos atletas de cursos da ESO, que tamén poden participar asinando e entregando previamente AS AUTORIZACIÓNS, o tempo suficiente de antelación é 1 semana antes da proba, necesario para inscribir, facer ficha e corrixir posibles erros. Os cadetes de 2º e 3º da ESO fan equipo con soamente 3 persoas, e a participación noutras entidades é inexistente. Animávosvos a asistir! Xa sabedes!  

 Clica para descargar o Documento da Autorización. Entrégallo ao Titor/a da túa aula. Grazas!

CAMPIONATO GALEGO DUATLÓN ESCOLAR (31 de maio de 2015)

CAMPIONATO PROVINCIAL DE ATLETISMO (17-05-2015)

O próximo domingo 17 de maio de 2015 celebrarase o Campionato Provincial de Atletismo nas instalacións do Estadio Gregorio Pérez Ribera. As 16 mellores marcas de tódalas probas están chamadas a celebrar esta competición:

Representando ao noso centro temos,  por categorías e sexo, os seguintes atletas clasificados:

BENXAMÍN MASCULINO

- 500 ml: Hugo Teijeiro Cabarcos.

- 1000 Marcha: Daniel Castro Rico (6.51), Eduardo Fernández Dopico (6.55), Diego Lobato Ramudo(6.55), Martín Rañal Piñón (7.43), Iker Felpeto Cupeiro (8.08).

- Pelota: Iker Pardo Naranjo (18,54), Xiao Seoane Vázquez (18,40).

BENXAMIN FEMININO

- Peso 2Q: María Sandomingo Gesto.

- 1000 Marcha: Noelia Lobato Ramudo ( 8.17), Lara Garcia Lobato (8:31), Andrea Vivero Álvarez (9.05).

 

ALEVÍN MASCULINO

- 60 ml: Hugo Xavier Fernández Ramudo (10.06)

- 500ml: Vicente Castro Rico (1.48), Hugo Xavier Fernández Ramudo (1.48), Sergio Franco Fernández (1,49).

- Peso 2Q: Adrian Rouco Insua (6.31), Raúl Carballés Dramón (5.57).

- 2000 Marcha: Xosé Antonio Mato Maseda (17,48).

- Pelota: Vicente Castro Rico ( 21.79).

ALEVÍN FEMENINO

- 60 ml: Aurora Romero Trastoy (9.80).

- 500 ml: Aurora Romero Trastoy (1,40).

- 1000 ml: Lucía García-Anllo Seco (5,09).

- Peso 2Q: Carla Pena Leiras (4,87).

- 2000 Marcha: Guadalupe Martínez González. (14,58)

 

INFANTIL MASCULINO

- 1000 ml: Raúl Rivas Fernández (3,54), Raúl Alvariño Amado (3.56), Samuel Alvariño Amado (4.02).

- 3000ml: David Franco Fernández (11.28), Lucas Mariano de Oliveira (11.51), Iker Pita Peña ( 12.02).

- Salto Lonxitude: Iker Pita Peña (3.68),

- 80 mv (0.84): Antón Paz González (19.74).

- Peso 3Q: Manuel Canto González (8.12), Diego Díaz Vázquez (7.08).

- Xavalina 500g: Manuel Canto González (24.37), David Franco Fernández (20.78), David Montero Coedo (17,63).

- 220 mv: David Franco Fernández (42,64)+ no mesmo segundo que o 3º.

INFANTIL FEMENINO

- 500 ml: Eva Sanmartín Vázquez (1.45).

- 1000 ml: Lara Rodríguez Seoane (4,15), Noa Castedo Grandío (4,25).

- Peso 3Q: Uxía Díaz Lozano (6.36), María Díaz Vázquez (6.31), Alejandra Pico González (6.16), Ana Insua Yáñez (5.36).

- Javalina 400g: Uxía Díaz Lozano (19.48), María Díaz Vázquez (12.79).

- 3000 Marcha: Ana Insua Yáñez (21.27), Claudia Carreira Seijas (21.42).

O martes 12 remata o plazo de inscrición. O mércores sairá publicado un listado provisional e o xoves poderase inscribir algún repescado no caso que algún dos 16 clasificados non se inscriba.

O xoves remata o plazo para comunicar o número de comensais na comida de mediodía.

 

 

 

 

 

IIª PROBA CLASIFICATORIA DE ATLETISMO ESCOLAR NO ESTADIO GREGOIRIO PÉREZ RIBERA

O domingo 19 de abril de 2005, acudimos a unha nova cita co atletismo no estadio lucense das Pedreiras cun nutrido grupo de atletas.

Sairemos diante do colexio ás 09:10 da mañá nun autobús grande da empresa de transporte Muiños. Vinde preparados para o frio e lembrade traer bocadillos, bebida e froita para o xantar.

Clica para ver os Resultados provisionais da II Proba Clasificatoria de Atletismo na xornada do domingo 19 de abril de 2015.

 

 

 Abaixo á dereita podes descagar os documentos do horario do cole, de tódalas probas e da lista provisional de inscritos da que xa se fixeron reclamacións. 

Iª PROBA CLASIFICATORIA DE ATLETISMO ESCOLAR NO ESTADIO GREGOIRIO PÉREZ RIBERA

O domingo 22 de marzo de 2015 uns 68 atletas inscribironse para participar na primeira sesión clasificatoria de atletismo. Representando ao centro tivemos unha nutrida combinación de marchadores, lanzadores, velocistas, mediofondistas e fondistas. No xantar degustamos uns merecidos bocadillos no céspede á carón da Piscina Municipal Das Pedreiras, paseamos pola ribeira do río Miño e disfrutamos das actuacións de todolos nosos rapaces.

Preme en adxuntos ou nesta ligazón para acceder ao listado de resultados corrixido definitivo

Accede á galería de imaxes da xornada.

Distribuir contido