COMISIÓN ACTIVIDADES

COMPETICIÓN CAMPO A TRAVÉS: CLASIFICATORIA O DOMINGO 12 FEBREIRO 2017 NA MAGDALENA

O INSUA BERMÚDEZ NA PROBA CLASIFICATORIA CAMPO A TRAVÉS 5 DE FEBREIRO DE 2017 NA MAGDALENA (VILALBA)

 

 

 

 DESCARGADE AS LISTAS DOS EQUIPOS ACTUALIZADAS PARA A PROBA CLASIFICATORIA DO DOMINGO 12 DE FEBREIRO DE 2017 NO ESTADIO DA MAGDALENA.

 

 

SUSPÉNDESE A PROBA CLASIFICATORIA DE CAMPO A TRAVÉS DESTE DOMINGO E APRÁZASE PARA O PRÓXIMO DOMINGO 12

O luns 6 febreiro pasarase novo listado para saber quen asistirá e facer os equipos!

 NotaWeb_Campo_Través_InsuaBermúdez_Clasificatoria_2017

Circuito_Insua_Bermúdez_PDC_PROXECTA_Sello_centro_saludable

Descarga o listado de persoas inscritas a 02/02/2017

INSUA BERMÚDEZ CANDIDATO AO SELO DE CALIDADE: CENTRO SAUDABLE 2016-17

O Noso centro leva anos traballando en prol dunha Educación Pública e de Calidade, non é unha nova, tampouco o é que nestes últimos anos vimos traballando nun fermoso Proxecto de Educación Física Saudable, polo que nos animamos a recoller tódalas experiencias realizadas e elaboramos unha memoria para acceder como candidatos ao selo de Calidade: Centro Saudable 2016-17.

 

Montaje creado Bloggif 

Clica na imaxe para acceder ao documento ou preme na icona para descargalo

GRANDE PARTICIPACIÓN DO INSUA BERMÚDEZ NA I PREPARATORIA DE CAMPO A TRAVÉS

Montaje creado Bloggif

Podedes descargar os resultados en adxuntos ou premendo neste enlace

Superamos a nosa mellor inscrición no Campo a Través, acudindo cunha Marea Azul de 169 atletas inscritos. Parabéns a todolos atletas, grazas por esforzarvos nun estilo de vida saudable a pesares do frio e da chuvia.

Lembrade que os equipos faranse por orde de chegada e o luns débese mandar o listado dos equipos inscritos, convén que teñades moi claro se ides participar ou non para non perxudicar a ningún equipo.

Vémonos o próximo domingo 5 de febreiro na Clasificatoria. Imos aló! 

CEIP ANTONIO INSUA BERMÚDEZ ENFRONTASE AO DESAFÍO DE DISPOÑER DUN ESPAZO CARDIOSAUDABLE CON DESFIBRILADOR

Montaje creado Bloggif

 

No noso centro levamos anos traballado en proxectos a prol da saúde. Estamos convencidos, gracias ao Sr. Lalonde, que a educación en estilos de vida saudables supón unha gran inversión en saúde. Dende hai anos vimos facendo formación EN RCP na área de  EF co alumnado de Infantil e Primaria, o centro dispón dun boneco de ensaio de RCP e o noso alumnado practicou e practicará o derradeiro protocolo RCP básico da AMERICAN HEARTS ASSOCIATION e da EUROPE RESEARCH COUNCIL.

Nesta ocasión coñecemos a posibilidade de que o Centro sexa ESPAZO CARDIOPROTEXIDO ao se dotar dun DESFIBRILADOR SEMIAUTOMÁTICO a través dun programa da FundaciónSalvavidas.org " As pulseriñas salvavidas" . Sen nengunha inversión inicial, vendemos unhas 800 pulseriñas deseñadas por Kukusumuxu en varias cores á cantidade de 3Euros entre parentes, aos avós, tios..., estimando que tódolos nenos do centro, 322, venderan un mínimo de 3 pulseriñas acadariamos o PACK ESTRELA: DESFIBRILADOR + FORMACIÓN 8 PERSOAS + VITRINA + CARTAZ e aínda sobraría para mercar na tenda da fundación material extra.

Un Desfibrilador non é un capricho, debería ser obrigatoria a instalación en tódolos lugares públicos. Ante unha parada Cardiorrespiratoria, responder inmediatamente manexando técnicas de RCP e manexando o desfibrilador por persoal cualificado pode supoñer a diferenza entre sobrevivir ou non.  Está claro que os beneficiados directos son: os rapaces, mestres, persoal do centro e as familias que o visitan a cotío.

O martes,17 de xaneiro de 2017  farase no centro o Acto de entrega das primeiras 400 Pulseriñas e acudirá a prensa escrita a recoller a nova para darlle maior difusión ao evento e promocionar a venda e o éxito da campaña.

Os titores repartirán as pulseriñas a cada alumno/a e cando teñan os cartos daránllos ao titor, o recadado ingresarase periodicamente ata logar o obxectivo de 800. Momento no que se celebrará a chegada do noso DESA a vitrina o cartaz explicativo e a formación para 8 persoas con recoñecemento internacional.

Agardamos unha boa acollida á iniciativa e unha participación activa para lograr acadar este proxecto de saúde no CEIP Antonio Insua Bermúdez.

 

I GALA DO DEPORTE DE VILALBA

Montaje creado Bloggif

O vindeiro 8 de decembro de 2016, a partir das doce da mañá, no Auditorio Carmen Estévez de Vilalba (entrada de balde), terá lugar a I Gala do deporte municipal. As bases para os nominados, elección os candidatos e máis detalles da mesma, na sede electrónica do Concello de Vilalba.

Posteriormente, farase unha comida de achegamento entre clubes/deportistas/asociacións no restaurante Montero a partir das dúas do mediodía, onde tamén, se fará entrega dun detalle de recoñecemento o labor deportivo das distintas asociacións, entidades e clubes deportivos, asistentes á mesma.

As entradas do xantar están á venda na oficina de deportes do Concello de vilalba -en horario de nove da mañá a dúas do mediodía- e no Restaurante Montero por un prezo de 20 euros ou 10 no caso de menores e 12 anos.

Finalistas:

  •  Mellor deportista vilalbés ou vilalbesa: Tania Gayoso e Judith Dobao, do Club Violeta de ximnasia rítmica; Gabriel Tembrás, da Escola Taekwondo Moo Duk Kwan; e José Cuba, do Club de Loitas Olímpicas Vilalba.
  •  Mellor deportista promesa: Beatriz Felpeto, da Escola Taekwondo Moo Duk Kwan; Roberto Díaz e Carlos Yobani García, ambos do Club de Loitas Olímpicas Vilalba.
  •  Mellor equipo: R.C. Vilalbés Xuvenil, TDM Feminino Concello de Vilalba e “Ínsua Bermúdez” Campo a Través.
  •  Mellor club ou entidade deportiva: Racing Club Vilalbés, Clube Atletismo Vilalba, Club de Loitas Olímpicas Vilalba.
  •  Mellor adestrador ou técnico deportivo: Ana Iglesias, Club Violeta de ximnasia rítmica, Simón Lamas, do Racing Club Vilalbés xuvenil e José Luís Puentes, do Club de Loitas Olímpicas Vilalba.
  •  Mellor labor no deporte de base: Racing Club Vilalbés, Tdm Vilalba e CB Vilalba Feminino.
  •  Mellor entidade na promoción e fomento do deporte: Junor SL, por TDM Vilalba; Président-Lactalis, por Racing Club Vilalbés; e Valdesuso- Peugeot, por Vilalba FS.
  •  Traxectoria deportiva: Uxía Rodríguez, da Escola Taekwondo Moo Duk Kwan; Luís Vázquez, do Vilalba F.S; e 3 Nicolás Castro, do Club de Loitas Olímpicas Vilalba.
  •  Recoñemento a toda unha vida dedicada ao deporte: Jesús Roca, Taekwondo Moo Duk Kwan; Francisco J. González, R.C. Vilalbés e Vilalba F.S; José Luís Díaz, monitor de judo do Gimnasio Senra.
  •  Labor informativa ou comunicativa: Antonio López, RTVG; María Roca, El Progreso; José Luís Ruíz Lombao, Radio Principal Vilalba – Cadena Ser.
  • Mellor evento ou actividade deportiva: Festival Terra Chá de ximnasia rítmica; I Carreira Andaina Nocturna e  XXVIII Torneo Villa de Vilalba da Escola Municipal de iudo.
  • Mellor deportista ou equipo discapacitado: Antonio López –iudo-, ASFADIVI –varios- e Iván Montero –ciclismo-.


Tamén se entregarán ata unha ducia de mencións especiais. Jorge Tato, a título póstumo, -fútbol-; Roberto Trashorras –fútbol-, Jesús Roca –taekwondo-, Antonio Montes –taekwondo-, Juan Carlos Quintana -taekwondo-, José Luís Díaz –iudo-, Luís Vázquez –fútbol sala-,  Juan Antonio González, a título póstumo, -tenis-; CB Vilalba Feminino –balonceso-, TDM Vilalba Feminino –tenis de mesa-, a Escola de Movemento –danza- e Protección Civil de Vilalba recibirán cadanseu recoñecemento.

Nova reproducida íntegramente da Fonte "Xornal Dixital TERRA CHÁ" clicar para ver a fonte.

CEIP ANTONIO INSUA BERMUDEZ CAMPO A TRAVÉS NOMINADO NA I GALA DEPORTE VILALBA 2016

EQUIPACIÓN DEPORTIVA DO CEIP ANTONIO INSUA BERMÚDEZ


Equipacion CEIP Antonio Insua Bermudez

CAMBIOS NA VII CARREIRA POPULAR LETRAS GALEGAS

 

Montaje creado Bloggif

Revisando inscrición, comprobamos un cambio de horario na carreira das letras galegas, por motivos de seguridade. a VII Carreira Popular das Letras Galegas de Vilalba, traslada o seu horario á tarde, comezando as probas dos menores ás 16:00h  e as dos maiores ás 17:30h o Martes 17 de maio de 2016 a partires das 15:00h . Desde a organización comunícase que no caso de non poder asistir á carreira se pode solicitar a devolución do importe. Piden desculpas anticipadas. 

CATEGORÍAS DOS PARTICIPANTESCategorías masculinas e femininas:

  • Categoría +5, nados/as entre 2011 e 2010 (ambos inclusive).
  • Categoría +7, nados/as entre 2009 e 2007 (ambos inclusive).
  • Categoría +10, nados/as entre 2006 e 2004 (ambos inclusive).
  • Categoría +13,nados/as entre 2003 e 2000 (ambos inclusive).

INSCRICIÓN PARA MENORES NA CARREIRA POPULAR: Na web do Cencello  www.vilalba.org/carreirapopular/     Inscrición gratuita para menores.  Do martes 26 de abril  ao venres 13 de maio de 2016 ás 13:30h, apurade!

  • Inscricións no Concello, presenciais a partir do martes 26 de abril na Oficina de Deportes do Concello de Vilalba en horario de 9 a 13:30 horas. Peche de inscricións o venres 13 de maio ás 13:30 horas. Preme aquí para descargar o formulario
  • Inscricións pola web,    Preme aquí para facer a inscrición en liña . Precisa participación dun maior e cumprimentar algúns datos , especialmente DNI  e correo electrónico do maior que autoriza.
  • Inscricións de adultos por Champions Chip.  Preme aquí para acceder ao enlace da inscrición de adultos.
  • Nos coles a través do profesorado de Educación Física, co formulario cuberto e con datos de DNI  do titor/a e un correo electrónico para confirmar a inscrición.

ENTREGA DE DORSAIS:

Os dorsais entregaránse o día da proba (17 de maio) nos mostradores da organización sitos na Praza da Constitución dende as 15:00 ata as 16:00 horas.  Lembrade que o trafico será dificil a esa hora e ide con tempo.

PERCORRIDOS:

CATEGORÍA +5: 300 metros.Saída na Praza da Constitución, rúa de Galicia, rúa Xosé María Chao Ledo e volta á meta pola rúa dos Pepes. 

CATEGORÍA +7: 600 metros.  Saída na Praza da Constitución, rúa de Galicia, rúa Xosé María Chao Ledo, aparcadoiro subterráneo, dirección a Rúa novo Cazón, Rúa Luis González Valdesuso, e volta pola rúa Basanta Silva.

CATEGORÍA +10: 850 metros. Saída na Praza da Constitución, rúa da Pravia, rúa Campo de Puente e volta á meta pola rúa Basanta Silva.

CATEGORÍA +13: 1600 metros.Saída na Praza da Constitución, rúa da Pravia, rúa Campo de Puente, rúa de Muras, rúa de Foz e volta á meta pola rúa Basanta Silva. 

 

TROFEOS:

Trofeo para o primeiro/a, segundo/a e terceiro/a de cada categoría.

Obsequio e avituallamento final para todos os que rematen a proba.

Sorteo de xoguetes, artigos e demais detalles o finalizar a entrega de trofeos.

INCHABLES DE OCIO PARA OS MÁIS PEQUENOS. 

 

INFORMACIÓN DE RESULTADOS:

 Na páxina web oficial da proba:

    • www.vilalba.org/carreirapopular/
    • www.championchipnorte.com

CAMPIONATO PROVINCIAL DE ATLETISMO (15 MAIO 2016) LUGO

O Domingo 15 de maio de 2015, as 16 mellores marcas de cada proba nas sesións clasificatorias das xornadas anteriores, participaremos nunha nova xornada  coa familia atlética de Lugo. Atletas chegados de tódolos confíns da provincia competiremos e compartiremos emocións, esforzos, ledicia, deportivamente.

 

LISTADO DE INSCRITOS (11/05/2016) Revisar.

  

ATLETAS

CLASIFICADOS/AS

BENXAMÍN ALEVÍN INFANTIL
Femenino
Masculino

 

Data: domingo 15 de maio de 2016

Atletas clasificados:

  • BENXAMÍN: Peso 2ª (4,39m)María SandomingoGesto. ,  Pelota 14ª (11,34m)Aldara Seoane Vázquez, Marcha 1º (6´50´´78)Martín Rañal Piñón .
  • ALEVÍN: 60Ml: Aitana Gesto Rego, 13ª (9.97). Aurora Romero Trastoy, 4ª (9.53),Guadalupe Martínez González 15ª (9,98). Aurora Romero 1000m, 2ª (3,45´´). Aitana Gesto Rego: Peso 2Q,2ª (6,54m). Guadalupe Martínez Jabalina 400g, 2ª12,40m. Marcha: Guadalupe Martínez González 2km marcha 1ª (13´14´´), María García-Anllo Seco 12ª(17,05), Sara Puentes Antas, 13ª(17,07),60Ml 11º (9´69), Jabalina, 8º (10,97m).
  • INFANTIL: 500ml: EvaSanmartín Vázquez,11ª( 1´46´´96), Jabalina: X.Antonio Mato Maseda,15º (11´23m).
  • Prégase repasar as listaxes para evitar erros ou omisións, o peche de inscrición realizase o Martes desta semana. para facer repesca despois. 

Inscrición: Ata o martes ás 13:00 na intranet da RFEA. Prágase confirmar asistencia para realizala en prazo, as prazas non cubertas facilitarán a repesca de novos atletas.

Transporte: Saida diante do cole ás (hora por determinar). Confirmar se se usa o transporte público ou non.

Comida: Pódese levar refrixerio, pero Deportes convidaranos ao almorzo.

 

 

Distribuir contido