I GALA DO DEPORTE DE VILALBA

Montaje creado Bloggif

O vindeiro 8 de decembro de 2016, a partir das doce da mañá, no Auditorio Carmen Estévez de Vilalba (entrada de balde), terá lugar a I Gala do deporte municipal. As bases para os nominados, elección os candidatos e máis detalles da mesma, na sede electrónica do Concello de Vilalba.

Posteriormente, farase unha comida de achegamento entre clubes/deportistas/asociacións no restaurante Montero a partir das dúas do mediodía, onde tamén, se fará entrega dun detalle de recoñecemento o labor deportivo das distintas asociacións, entidades e clubes deportivos, asistentes á mesma.

As entradas do xantar están á venda na oficina de deportes do Concello de vilalba -en horario de nove da mañá a dúas do mediodía- e no Restaurante Montero por un prezo de 20 euros ou 10 no caso de menores e 12 anos.

Finalistas:

  •  Mellor deportista vilalbés ou vilalbesa: Tania Gayoso e Judith Dobao, do Club Violeta de ximnasia rítmica; Gabriel Tembrás, da Escola Taekwondo Moo Duk Kwan; e José Cuba, do Club de Loitas Olímpicas Vilalba.
  •  Mellor deportista promesa: Beatriz Felpeto, da Escola Taekwondo Moo Duk Kwan; Roberto Díaz e Carlos Yobani García, ambos do Club de Loitas Olímpicas Vilalba.
  •  Mellor equipo: R.C. Vilalbés Xuvenil, TDM Feminino Concello de Vilalba e “Ínsua Bermúdez” Campo a Través.
  •  Mellor club ou entidade deportiva: Racing Club Vilalbés, Clube Atletismo Vilalba, Club de Loitas Olímpicas Vilalba.
  •  Mellor adestrador ou técnico deportivo: Ana Iglesias, Club Violeta de ximnasia rítmica, Simón Lamas, do Racing Club Vilalbés xuvenil e José Luís Puentes, do Club de Loitas Olímpicas Vilalba.
  •  Mellor labor no deporte de base: Racing Club Vilalbés, Tdm Vilalba e CB Vilalba Feminino.
  •  Mellor entidade na promoción e fomento do deporte: Junor SL, por TDM Vilalba; Président-Lactalis, por Racing Club Vilalbés; e Valdesuso- Peugeot, por Vilalba FS.
  •  Traxectoria deportiva: Uxía Rodríguez, da Escola Taekwondo Moo Duk Kwan; Luís Vázquez, do Vilalba F.S; e 3 Nicolás Castro, do Club de Loitas Olímpicas Vilalba.
  •  Recoñemento a toda unha vida dedicada ao deporte: Jesús Roca, Taekwondo Moo Duk Kwan; Francisco J. González, R.C. Vilalbés e Vilalba F.S; José Luís Díaz, monitor de judo do Gimnasio Senra.
  •  Labor informativa ou comunicativa: Antonio López, RTVG; María Roca, El Progreso; José Luís Ruíz Lombao, Radio Principal Vilalba – Cadena Ser.
  • Mellor evento ou actividade deportiva: Festival Terra Chá de ximnasia rítmica; I Carreira Andaina Nocturna e  XXVIII Torneo Villa de Vilalba da Escola Municipal de iudo.
  • Mellor deportista ou equipo discapacitado: Antonio López –iudo-, ASFADIVI –varios- e Iván Montero –ciclismo-.


Tamén se entregarán ata unha ducia de mencións especiais. Jorge Tato, a título póstumo, -fútbol-; Roberto Trashorras –fútbol-, Jesús Roca –taekwondo-, Antonio Montes –taekwondo-, Juan Carlos Quintana -taekwondo-, José Luís Díaz –iudo-, Luís Vázquez –fútbol sala-,  Juan Antonio González, a título póstumo, -tenis-; CB Vilalba Feminino –balonceso-, TDM Vilalba Feminino –tenis de mesa-, a Escola de Movemento –danza- e Protección Civil de Vilalba recibirán cadanseu recoñecemento.

Nova reproducida íntegramente da Fonte "Xornal Dixital TERRA CHÁ" clicar para ver a fonte.

AdxuntoTamaño
I Gala dEPORTE vILALBA.jpg592.44 KB
Cartaz Gala DeporteVilalba.jpg121.82 KB
DixitalTerraChá I GalaDeporte Vilalba.jpg740.45 KB
NominaciónProgresoIGalaDeporteVialba.jpg531.14 KB
ProgramaIGalaDeporteVilalba.jpg53.96 KB