FINAL PROVINCIAL DE DUATLÓN ESCOLAR(Sábado,16 de abril de 2016)

Montaje creado Bloggif

 

imaxes das personas participantes do pasado Provincial 2014-15

 

Saída do BUS: dende a Gasolineira GALP en Vilalba, hora sen decidir, estade pendentes na web do cole.

 

Data e horario da carreira: sábado 16 de abril de 2016 ás 3:15h pm

 

Lugar da competición: no paseo do Rato, á altura do restaurante Terras do Miño. En transporte particular ide con tempo porque 1h antes péchase o tráfico.

 

Horario da carreira:Sábado 16 de abril de 2016 ás 3:15h pm

 

  • Saída categoría benxamín ás 16:00h
  • Saída categoría alevín ás 16:20h
  • Saída categoría infantil ás 16:50h
  • Saída categoría cadete ás 17:30h
  • Hora de remate das probas ás 18:20h

 

Distancias:

  • Categoría benxamín ( cursos 3º e 4º): 0,5 km de carreira a pé – 2 km en bicicleta – 250m de carreira a pé
  • Categoría alevín ( cursos 5º e 6º): 1 km de carreira a pé – 4 km en bicicleta – 500m de carreira a pé
  • Categoría infantil ( cursos 1º e 2º ESO): 1.5 km de carreira a pé – 6 km en bicicleta –750 m de carreira a pé
  • Categoría cadete ( 3º e 4º ESO): 2 km de carreira a pé – 8 km en bicicleta – 1 km de carreira a pé 

 

Recollida de dorsais:na carpa de organización, nas inmediacións da transición, zona do restaurante Terras do Miño, desde 03:15 h pm (45´ antes do comezo) de cada proba ata 10´ antes da saída. Os dorsais recíclanse, é preciso devolvelos para tomar a auga e a froita que nos agasalla a organización.

 

Verificación de material: 10min antes da cada proba os xuíces verifican a bicicleta e o casco obrigatorio no aparcamento de bicis ( verifican estado do debuxo das rodas, os freos e o casco posto, que non se mova). Recoméndase bicicleta de marchas, se alguén non dispón  de caso ou bici, que acuda con tempo para que o clube lle poida prestar algunha, Preguntar por Juan( papá de María Morado ou por Adrián) se tedes algunha dúbida pedídelle axuda a algún neno do cole que vaia a tríatlon.

 

Premios:medallas para os tres primeiros clasificados/as de cada categoría  e medallas por equipos. Os participantes clasificados pasarán para o Campionato Galego de Duatlón escolar.

   

A inscrición é para aqueles atletas que participaron e chegaron a meta nalgunha das probas clasificatorias. Aqueles que se inscriban e non acudan por calquera razón deberán aboar 3€ por inscrición e non asistencia. Confirmar asistencia e inscrición a 616501003 como máximo o martes 12, ás 18:00pm.

 

AdxuntoTamaño
Nota ProvincialDUATLÓN ESCOLAR 16_04_16Rato.docx640.35 KB
Circuito-a-pé-Du-Escolar-Lugo.jpg174.43 KB
Circuito-Ciclista-Du-Escolar-Lugo.jpg188.03 KB
Regulamento-Lugo-Du-Escolar.pdf127.47 KB