2ª XORNADA CLASIFICATORIA DE ATLETISMO 24/04/2016 LUGO

 II PROBA CLASIFICATORIA DE ATLETISMO EN PISTA

DOMINGO 24 ABRIL DE 2016  ESTADIO GREGORIO PÉREZ RIVERA (LUGO)

Saída do autobús diante do cole CEIP Antonio Insua Bermúdez ás 09:00h am (40 plazas)

 HORARIOS DAS PROBAS MODIFICADOS

Montaje creado Bloggif

 

 
ALUMNADO PARTICIPANTE: aberto ao alumnado do CEIP Antonio Insua Bermúdez de Vilalba e quen queira participar. O listado de inscritos ten erros que xa se subsanaron, xente que ao final non vai e algún que non tiña proba asignada.

CATEGORÍAS: Benxamín ( 2008-07)Alevín (2006-05)Infantil (2004-03) e Cadete (2002-01).

LUGAR DA PROBA: Estadio de Atletismo GREGORIO PÉREZ RIVERA, Lugo (Xunto ao Pabillón de Deportes Novo do Breogán).

DATAS PROBAS: 1º Clasificatoria ( domingo, 10 de abril), 2ª Clasificatoria ( domingo, 24 de abril) e Campionato Provincial (domingo 15 de maio).Clasificaranse para o Campionato Provincial as 18 mellores marcas das 2 probas clasificatorias. 

PROBAS POR CATEGORÍAS: (Ver web do centro). Infantís e cadetes poden participar en 3 probas, resto en 2, non sendo dúas carreiras longas. As probas cadete de 1000m  pasan a ser de 600 e as persoas inscritas pasanse automaticamente a esa proba.

HORARIOS DAS PROBAS: (Horario MODIFICADO, non é o mesmo que a última proba clasificatoria, ten novidades)

TRANSPORTE: Saída do autobús diante do cole CEIP Antonio Insua Bermúdez ás 09:00h am, prégase confirmar cando se inscriba se usará transporte escolar ou irá pola súa conta.

NORMAS NO ESTADIO: lembrannos dende Deportes e a FGA Lugo que a pé de pista so poden estar os adestradores, nin atletas que non participan nese intre, nin delegados, nin pais, nin fotografos ameteurs, que nalgún momento hai máis pais que atletas nas pistas.controlados. Os nenos non deberán andar polas pistas cando non teñen probas, e o mediodía,que non utilicen os fosos de lonxitude, xa vichedes como estaba a pista manchada  de area pola tarde. Grazas pola vosa axuda.!

COMIDA:  cada atleta deberá levar a súa propia bebida e comida do almorzo e merenda.

ROUPA: Pregamos incluades na vosa mochila roupa para cambiarse logo da competición e crema de protección solar!!

INSCRIPCIÓN: A inscrición deberá realizarse antes do xoves da competición. Comunicaranse ao mestre de E.F. 616501003. É UNHA ACTIVIDADE GRATUÍTA, pregamos seriedade e que se inscriban soamente os que vaian a participar, aqueles atletas que se inscriban e non acudan á convocatoria serán penalizados cunha multa simbólica de 3 euros.  

REPORTAXE FOTOGRÁFICA: realizarase unha reportaxe fotográfica da xornada e poderanse acceder e descargar as imaxes da 2º Clasificatoria no álbum da Galería Fotográfica.   

AUTORIZACIÓNS: Os rapeces e rapazas do instituto se participades e non tedes autorización paterna asinada, descargádea e entregadea firmada ao responsable.

Podedes consultar documentos adxuntos clicando aquí abaixo.

AdxuntoTamaño
HorarioIIXogade24ABRIL2016.pdf167.11 KB
2016 - Inscritos por Club (1).pdf220.48 KB
Nota Cambios II PROBA CLASIFICATORIA DE ATLETISMO EN PISTA 24 ABRIL DE 2016.docx1.18 MB