ORIENTACIÓN

CARLOTA MOSQUERA VISITOU O NOSO CENTRO

A VISITA DE CARLOTA

O Pasado día vinte e un de marzo, tivemos unha visita moi agradable para todos nós alumnos/as e profesores/as do cole. Unha exalumna que agora cursa cuarto de ESO no IES Basanta Silva de Vilalba, contounos con todo tipo de detalles como lle estaba resultando a súa estancia no Instituto despois de estar no noso cole durante aló menos oito anos.

Carlota é unha compañeira con síndrome de Down e que tivo que superar con moito esforzo os moitos atrancos que supón esta diferenza co resto dos seus compañeiros e compañeiras.

Agora ten xa vinte anos e cursa cuarto de ESO, viña acompañada pola Orientadora do IES e máis pola profesora de A. L. (Audición e Linguaxe). Elas conxuntamente co resto dos seus profesores axudaron moito a Carlota para que a pesares do seu “Problema”, poidera chegar a rematar a ESO.

Falounos Carlota das actividades que realizaba a diario, a parte das súas clases no IES, asiste a baile, pintura e equitación. Díxonos tamén que dende sempre tivera unha especial atracción pola “ Mitoloxía grega”, sendo Zeus o seu personaxe preferido.

Un momento moi emotivo para todos foi o contemplar como a súa antiga profesora de P.T. Ánxeles Eimil, lle amosaba os traballos (Contos, debuxos, cadernos de traballo…) que Carlota fixera cando estivo no noso colexio, recordando Carlota cada un deles, como se mesmo fose o día anterior cando os fixera.

Esta visita foi para nós unha demostración de que con esforzo, interese e traballo podemos conseguir case todo canto queremos. Ao remate do acto agasallamos a Carlota cunha carpeta personalizada do noso cole e unha pequena figura de Sargadelos.

Podedes ver o vídeo da visita no seguinte enlace :

 VIDEO DA VISITA DE CARLOTA

Alumnos e alumnas de Quinto


 

 

 

CORTOMETRAXE "EL PUENTE"

OS ALUMNOS/AS DE 1ºA CONTÁNNOS A SÚA EXPERIENCIA DO CORTO “EL PUENTE “:

O día 6 de Abril, os nenos e nenas de 1ºA fomos á biblioteca a ver un corto titulado “ El puente”.

Tratábase dun oso e un alce que querían atravesar unha ponte e ían en sentido contrario. Como a ponte era moi estreita e non cabían os dous xuntos, comezaron a discutir. Un coello e un mapache trataron de axudarlles a buscar unha solución. Non lles fixeron caso así que o coello e o mapache soltaron as cordas e caeu a ponte.

Aprendemos que temos que resolver os problemas para que non romperá a ponte.

 

CONTRATOS-PROGRAMA

APROBADOS 3 CONTRATOS PROGRAMA PARA A MELLORA DO ÉXITO ESCOLAR.

No mes de xaneiro a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, dependente  da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, aprobou no noso Centro,  3 contratos programa dirixidos á mellora do éxito escolar.

Os programas aprobados no noso centro educativo son:

Reforzo, orientación e apoio ( PROA):

Este programa está dirixido á alumnado dos cursos de 3º, 4º, 5º e 6º, comezou o pasado día 1 de Febreiro e rematará o 15 de Xuño. As clases impártense no noso centro os luns e mércores en horario de 15:30 a 17:30.

    Mellora da convivencia e promoción da igualdade nos centros.

 Está implicada toda a comunidade educativa e levaranse actividades como:

  • Día da muller traballadora
  • Día Internacional das persoas con discapacidade
  • Día Internacional contra a violencia de xénero
  • Programas de educación en valores

 

Mellora do nivel de coñecementos para acadar a excelencia

Neste proxecto tamén está implicada toda a comunicade educativa.

 Algunhas das actividades que se levarán a cabo son: 

  • Visita ao Lugo Romano: muralla, MIHL, termas, Domus de Mitreo, casa dos mosaicos.
  • Confección dun mosaico de Carlos Casares
  • Dramatización de "As laranxas mais laranxas de tódalas laranxas" de Carlos Casares polo alumnado de 5º para todo o centro educativo...

   A través da páxina web iremos informando sobre as diferentes actividades.

A ASOCIACIÓN DOWN CORUÑA VISITA O NOSO COLE

A Asociación Down Coruña visita o noso cole para sensibilizar a alumnado e equipo docente sobre a síndrome de Down

 

Alberto Bello e Laura Dacoba, dous profesionais da Asociación Down Coruña, visitaron o noso colexio o pasado 19 de decembro para desenvolver un programa de sensibilización.

As actividades levadas a cabo, dirixidas ós alumnos e alumnas de  4º, 5º e 6º, ós mestres titores, ós mestres especialistas, á orientadora e ás coidadoras, estiveron centradas no concepto da inclusión educativa.

Grazas a visitas coma estas, podemos aprender e reflexionar sobre as persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual e comprender mellor a realidade deste colectivo. “O normal é ser diferente”.

Queremos dar as grazas a Down Coruña polo traballo realizado e esperamos poder seguir colaborando con eles en todo o que sexa posible.


PONENCIA SOBRE TEL

ORIENTACIÓN

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN 2014-15

                                -XEFA DTO.ORIENTACIÓN: Mª NILA GONZÁLEZ FERREIRO

                                -PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA: Mª ÁNGELES EIMIL CASTRO,  Mª TERESA REGES RICO, TERESA RGUEZ. QUINTANA

                                -AUDICIÓN E LINGUAXE: INÉS CASTELO CURRÁS

                                -COORDINADORAS DE CICLO:   ANA RÁBADE FERNÁNDEZ (EI)

                                                                    INÉS CASTELO CURRÁS (1C) 

                                                                    Mª NILA GONZÁLEZ FERREIRO (2C) 

                                                                    Mª TERESA REGES RICO (3C) 

                               

 

APARTADOS

Distribuir contido