A ASOCIACIÓN DOWN CORUÑA VISITA O NOSO COLE

A Asociación Down Coruña visita o noso cole para sensibilizar a alumnado e equipo docente sobre a síndrome de Down

 

Alberto Bello e Laura Dacoba, dous profesionais da Asociación Down Coruña, visitaron o noso colexio o pasado 19 de decembro para desenvolver un programa de sensibilización.

As actividades levadas a cabo, dirixidas ós alumnos e alumnas de  4º, 5º e 6º, ós mestres titores, ós mestres especialistas, á orientadora e ás coidadoras, estiveron centradas no concepto da inclusión educativa.

Grazas a visitas coma estas, podemos aprender e reflexionar sobre as persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual e comprender mellor a realidade deste colectivo. “O normal é ser diferente”.

Queremos dar as grazas a Down Coruña polo traballo realizado e esperamos poder seguir colaborando con eles en todo o que sexa posible.