Secretaría

ADMISIÓN E MATRÍCULA CURSO 2020-2021

Todas as solicitudes de admisión presentadas neste centro foron aprobadas. A resolución definitiva podedes atopala nos anexos desta entrada así como tamén no taboleiro de anuncios do centro.

A data para a formalización da matrícula comprende do día 1 ata o 10 de xullo.

Recordade presentar no centro toda aquela documentación que se vos solicitou e non foi entregada no momento de realización do procedemento de admisión.

Un saúdo

Axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso escolar 2020/2021

Seguindo a Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/2021.( Diario Oficial de Galicia do 19 de maio de 2020)  podo informarll

Novidades en canto ao período de admisión e matrícula

Bo día!

Segundo a  Resolución do 5 de maio de 2020 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e de Xustiza pola que se dá publicidade a diversos acordos do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria en Galicia (DOD 06 de maio de 2020); o período de admisión e matrícula para o vindeiro curso queda configurado da seguinte maneira:

- Presentación das solicitudes de admisión: do 11 ao 18 de maio de 2020.

Nova axuda para o comedor

O vindeiro luns  publicarase no  Diario Oficial de Galicia a Orde de axudas directas a usuarios gratuítos e semi-garutítos de comedor escolar que esten en situación de vulnerabilidade.

A solicitude ten como data límite de presentación o día 6 de abril e  debe ser tramitada polas familias mediante vía electrónica no portal da Xunta de Galicia. 

Modelos de impresos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer