Secretaría

HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO

Listaxe definitiva do Fondo Libros

Xa temos disponible a lista definitiva do Fondo Libros para o alumnado de 3º a 6º de Educación Primaria. Debido a un cambio nos libros de texto dalgúns dos cursos, os libros non se entregarán ata os primeiros días de Setembro. En canto aos vales para material escolar podedes pasar polo centro a recollelos ou esperar a setembro.

Un saúdo

Lista provisional de admitidos do FondoLibros 2023/24.

Xa está disponible a listaxe provisional de admitidos do Fondo Libros para o próximo curso. Podedes consultala no taboleiro do Centro. Tedes dous días hábiles para reclamacións

LISTAXE LIBROS 2023/2024

Estimadas familias, 

Xa temos a listaxe de libros que van usar os nenos e nenas do Ceip Antía Cal Váquez nos próximos cursos. Como sabedes, moitos dos libros parten do Fondo Libros ou de Vales da Xunta de Galicia, é dicir, non todo o alumnado ten que compralos, esta lista é so unha referencia.

Para calquera dúbida, a secretaría do centro permanecerá aberta ao público de luns a venres de 10:00h a 13:00h, durante o mes de Xuño.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO, AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. CURSO ESCOLAR 2021/2022

Xa están dispoñibles as solicitudes para a adquisición de material escolar, axudas para libros de texto e fondo libros

Prazo de solicitude: ata o 22/06/2021 

Destinatarios: todo o alumnado que curse Educación Primaria no curso académico 2021/2022

Para acceder aos formularios da solicitude pinchade aquí

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2021/2022

Todo o alumnado que solicitou matrícula en prazo para 4º curso de Educación Infantil está admitido na resolución definitiva. Podedes ver a listaxe no taboleiro interior do centro.

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2021/2022

ADMISIÓN  NOVO ALUMNADO

CURSO 2021-2022

Este ano debido a situación COVID-19 non se farán xornadas de portas abertas, aínda así, se algunha familia está interesada en coñecer o centro pode facelo pedindo cita previa.

 

O alumnado matriculado ata 5º de Educación Primaria non ten que facer ningún trámite xa que o centro os matriculará automáticamente.

 

PRAZO DE SOLICITUDE: DO 1 AO 22 DE MARZO

 

DOCUMENTACION A PRESENTAR:

 

1.- Solicitude de admisión debidamente cumprimentada e debidamente

asinada (modelo ED550B) que facilita o Centro ou a través da

aplicación admisionalumando.

 

2.-  Fotocopias do libro de familia:

- da folla de inscrición do neno/a.

- da folla de inscrición do matrimonio ou titulares do mesmo.

- da folla de inscrición dos irmáns matriculados no Centro (no caso de telos).

 

3.- Fotocopia do D.N.I. do alumno (de telo), pai e nai (ou titores legais).

 

4.- Informe médico.

 

5.- Fotocopia da cartilla de vacinacións.

 

6.- Fotocopia da tarxeta do seguro médico.

 

7.- Certificado de convivencia expedido polo Concello e que acredite o

domicilio de todos os membros da unidade familiar.

 

8.- Dúas fotografías tamaño carné.

 

INFORMACIÓN IMPORTANTE

 

- Cada alumn@ só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite

praza en primeiro lugar, advertindo que a infracción determinará a perda

dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

 

-A solicitude terá que estar preferiblemente asinada polos dous titulares da

patria potestade ou representantes legais. No caso de separación ou divorcio

será necesaria a sinatura de ambas/os proxenito- ras/es, agás que a patria

potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles. En ambos

casos, será necesario presentar, xunto coa solicitude de admisión, a

resolución xudicial correspondente para o seu cotexo polo centro educativo.

- O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta

solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo,

ao centro de orixe.

 

Proceso de admisión regulado na Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se

desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros

docentes sustentados con fondos públicos, modificada pola Orde do 25 de

xaneiro de 2017 e a Orde do 18 de decembro de 2020.

 

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN DE ALUMNADO QUE SE MATRICULA POR 1ª VEZ PARA O CURSO 2021-2022

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN PARA O ALUMNADO QUE SE MATRICULA POR 1ª VEZ DO 2º CICLO DE ED. INFANTIL E PRIMARIA:

O prazo de solicitudes abranguerá do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro do 2021, ambos incluídos.

O alumnado que estea matriculado no centro, e desexe seguir nel, non ten que facer ningún tipo de solicitude.

O alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición, para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar no centro de orixe ou a través da aplicación “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) o formulario normalizado (ED550A) que se publica como anexo I da orde de 18/12/2020. O prazo de presentación estará comprendido entre os días 11 de xaneiro e o 8 de febreiro de cada ano.

O formulario normalizado será facilitado gratuitamente nos correspondentes centros docentes e tamén estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación “admisionalumnado”, e na páxina web da consellería competente en materia de educación».

A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación admisionalumnado.

Os prazos máis salientables son os seguintes:

1. Reserva de praza no centro de orixe: do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro.

2. Data do sorteo público para efectos de desempate: última semana de febreiro e, en todo caso, antes do 1 de marzo.

3. Publicación de postos escolares vacantes: antes do 1 de marzo.

4. Presentación da solicitude de admisión: 1-20 de marzo.

5. Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: 10 días hábiles contados a partir dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.

6. Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: antes do 25 de abril.

7. Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: antes do 15 de maio. 

8. Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: 20-30 de xuño.

- FORMULARIO ED550A  (GALEGO)

- FORMULARIO ED550A (CASTELÁN)

DOCUMENTACIÓN SOBRE CRITERIOS ADMISIÓN

- Decreto 254_2012, do 13 decembro

- Orde do 12 de marzo de 2013

- Orde do 18 de decembro de 2020, ( modifica Orde do 12 de marzo de 2013)

- Orde do 25 de xaneiro de 2017

 

 

PXA 2020/2021

Aquí podedes consultar a Programación Xeral Anual para o curso 2020/2021

PXA 2020/2021

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer