Conmemoracións
Visita da banda Axóuxere
Enviado por gladys.enriquez o Sáb, 18/05/2024 - 18:20RECIBIMOS Á BANDA AXÓUXERE!
O pasado mércores, 15 de maio, sacamos as nosas facetas musicais para conmemorar as Letras Galegas. A banda Axóuxere visitou o noso cole e xuntos bailamos e tocamos pezas da cultura e tradición galega.
Encantounos, esperamos repetir pronto!
Para ver máis fotos deste día, clicade AQUÍ
RESUMO DA SEMANA DO LIBRO!
Enviado por gladys.enriquez o Sáb, 27/04/2024 - 18:54Celebramos a maxia da lectura no noso cole!
Durante esta semana tan especial, mergullámonos nun mundo de historias, aventuras e coñecemento a través de diversas actividades que enriqueceron a nosa experiencia educativa.
Dende un emocionante reto literario ata a creación de reseñas creativas. Cada día estivo cheo de momentos inspiradores e enriquecedores. Vimos como os nosos estudantes se adentraron en universos literarios, explorando novos horizontes a través das páxinas dun libro.
Ademais, comprácenos anunciar unha pequena sorpresa que nos enche de alegría e ilusión. Recibimos unha carta especial do colexio CEIPP A FRAGA, convidándonos a ser parte da súa comunidade educativa! Esta emocionante oportunidade bríndanos a posibilidade de compartir experiencias, coñecementos e valores con outra escola.
A maxia non termina!
A continuación, presentámosvos o resumo desta semana. Para acceder ao contido multimedia, clicade aquí.
Unha visita especial!
Enviado por gladys.enriquez o Sáb, 27/04/2024 - 17:08Con moita ilusión compartimos unha experiencia especial que vivimos no noso cole!
Esta semana tivemos a honra de recibir a visita de Paula, a Concelleira de Educación do noso concello. Durante a súa visita, Paula compartiu palabras inspiradoras sobre a importancia da educación inclusiva e o respecto mutuo, ademais de agasallar aos nosos trotamundos un libro relacionado coa igualdade e a equidade. Este xesto lembrounos o poder transformador da literatura para transmitir mensaxes de conciencia e xustiza social.
Ademais, en colaboración co Concello, Paula promoveu a elaboración dun obradoiro para conmemorar o Día do Libro. Este taller non só foi unha oportunidade para fomentar o amor pola lectura entre os nosos estudantes, tamén nos permitiu reflexionar sobre o valor da literatura para adquiri valores fundamentais como a tolerancia e a solidariedade.
Estamos agradecidos pola visita de Paula e polo seu compromiso coa educación e o benestar da nosa comunidade. A súa presenza inspíranos a seguir traballando xuntos para construír un futuro máis xusto e equitativo para todos e todas.
Grazas por ser parte desta emocionante experiencia!
Podedes ver máis imaxes deste día clicando aquí.
OS BOOKTUBERS DE MURAS
Enviado por gladys.enriquez o Xov, 25/04/2024 - 18:38INAUGURAMOS A SEMANA DO LIBRO
Enviado por gladys.enriquez o Lun, 22/04/2024 - 22:55Hoxe os nosos nenos e nenas comezaron a Semana do Libro por todo o alto. Recibiron unha mensaxe dos títeres da Terra Chá propoñéndolles un reto literario.
Queredes coñecer a estas personaxes e a tarefa que teñen pendente os tratamundos?
Botade unha ollada!
A IGUALDADE NA LITERATURA
Enviado por gladys.enriquez o Sáb, 20/04/2024 - 20:44O vindeiro mércores, 24 de abril, terá lugar o Obradoiro de Igualdade organizado polo noso concello. Esta actividade, enmarcada na semana do libro, terá como obxectivo abordar a importancia da literatura para transmitir valores de respecto, diversidade e igualdade.
Agradecemos ao concello a oportunidade de brindar aos nosos nenos e nenas dinámicas de aprendizaxe transversal e significativo. Esperamos con moita ilusión este día!
CHEGA A SEMANA DO LIBRO AO COLE!
Enviado por gladys.enriquez o Mar, 16/04/2024 - 13:57SEMANA DA PRENSA E DÍA DA MULLER
Enviado por gladys.enriquez o Sáb, 09/03/2024 - 20:30Velaquí o resultado dunha semana dedicada á prensa e á muller. Os nosos nenos e nenas presentan " A Voz de Muras", un telexornal no que cada noticia destaca unha muller inspiradora, celebrando as súas historias e logros. Xuntos, mostran o seu compromiso coa igualdade e o empoderamento das mulleres.
Pechamos así unha das conmemoracións máis importantes do calendario académico, seguimos traballando!
Para ter acceso ao vídeo e poder descargalo, facede clic aquí.
PRENSA, PRENSA!
Enviado por gladys.enriquez o Xov, 07/03/2024 - 13:53Esta semana celebramos dúas das grandes conmemoracións do calendario escolar: a Semana da Prensa e o Día da Muller. Con este motivo recibimos a Marta Mancebo, periodista e redactora do periódico "O progreso". Sendo ela a encargada de cubrir a zona da Terra Chá, falounos da súa traxectoria persoal e profesional. Explicounos o que agocha o traballo dunha periodista, recoñecendo as desigualdades contra as que aínda temos que loitar.
Despois de repartir os agasallos que trouxo Marta, despedímonos cunha fotografía que foi publicada no periódico!
Seguimos traballando nesta semana da prensa, pronto publicaremos os resultados.
ESPECTÁCULO TEATRAL: A CAIXA SEN PANDORA
Enviado por gladys.enriquez o Lun, 26/02/2024 - 12:40Comprácenos anunciar a visita da compañía de teatro "Ghazafelhos" para representar a obra "A caixa sen pandora". Este espectáculo terá lugar o 8 de marzo, ás 10:30, para conmemorar o día da Muller. Está aberto a todos os públicos, invitándovos a compartir con nós esta actividade de aprendizaxe e lecer.
"A Caixa sen Pandora" é unha historia interactuada con Montse Piñón e Pepablo Patinho que propón unha pregunta: que pasaría se Pandora non abrira a caixa? De aquí parte un repaso divertido de mulleres que decidiron romper ca norma establecida e abrir a súa propia caixa iniciando un movemento imparable pola igualdade, e rematamos cunha nova pregunta, quereremos nós abrir a nosa propia caixa?
Esperámosvos!