Conmemoracións
O SAMAÍN CHEGOU AO COLEXIO!
Enviado por admin o Mér, 01/11/2023 - 15:33O misterio, o medo e a maxia conquistaron cada recanto do noso cole. Onte celebramos unha xornada que quedará para o recordo:
- Coñecimos a orixe e a historia da festa de Samaín.
- Participamos no concurso de cabazas, expostas na entrada do centro e protexidas polo esqueleto Pepe.
- Elaboramos unha merenda de medo creando arañas de galleta, cabazas de mandarinas, pantasmas plataneiros… Ademais de deleitar uns postres elaborados por dúas alumnas.
- Recibimos á mamá de Pablo para escoitar o conto ‘unha estraña visita’. Agradecerlle de novo a súa participación, encantounos!
- Debuxamos e pintamos ilustracións.
- Vimos a película ‘Coco’ para coñecer a festa do día dos mortos.
Quedamos con ganas de seguir enchendo a mochila de máis aprendizaxes, días memorables e miles de experiencias.
No seguinte enlace poderedes acceder ao VÍDEO RESUMO DA XORNADA, xunto ás imaxes para descargar.
https://drive.google.com/drive/folders/1-wCgI3CZ2QJfPOCoRaxbwPAAZhiTt6RA?usp=drive_link
MAGOSTO 2023
Enviado por gladys.enriquez o Ven, 27/10/2023 - 19:38Que día tan máxico queda no noso recordo. Hoxe desfrutamos dunha xornada familiar, única e moi enxebre.
Agradecervos a participación, o tempo dedicado para deleitarnos coas doces e por tanta familiaridade.
Grazas a todos os que nos visitastes, aos nenos e nenas do PAI e por suposto, á ANPA. A vosa colaboración permitiunos desfrutar dun delicioso chocolate e da maxia de ver asadas as castañas da maneira máis tradicional.
Esta é a primeira das moitas xuntanzas que agardamos ter.
Seguimos a crear e a inmortalizar recordos!
Podedes acceder ao vídeo clicando na seguinte imaxe:
Festival fin de curso
Enviado por paula.pico.bellas o Mér, 26/07/2023 - 16:13Este ano rematamos o curso cunha gran festa con hinchables, globoflexia, pintacaras, caza do tesouro, xogos tradicionais e unha gran comilona. Podedes ver o vídeo no archivo adxunto.
Agora, despois de traballar e estudar toca descansar. Bo verán familias!
Día do Medio Ambiente 2023
Enviado por paula.pico.bellas o Mér, 26/07/2023 - 03:14Este ano tivemos a sorte de contar con David Arcay, para conmemorar o día do Medio Ambiente. Explicounos moitas cousas e deixounos usar a súa cana de pesca. Grazas David!
Día das letras galegas 2023
Enviado por paula.pico.bellas o Lun, 05/06/2023 - 17:29Este ano pasámolo en grande tocando instrumentos tradicionais. Foi unha xornada diferente e moi divertida!
Día do libro, 2023
Enviado por paula.pico.bellas o Lun, 05/06/2023 - 16:47Este ano, para a celebración do día do libro, o alumnado do Ceip Antía Cal fixemos uns marcapáxinas moi chulos, para seguir lendo eses libros que tanto nos gustan. Quedáronnos xenial!
Semana da Prensa
Enviado por admin o Mar, 14/03/2023 - 13:51DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
Enviado por admin o Lun, 13/03/2023 - 12:50Entroido 2023
Enviado por admin o Sáb, 18/02/2023 - 22:53Día da Paz
Enviado por admin o Sáb, 11/02/2023 - 11:50- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- seguinte ›
- última »