Día Internacional da Muller Rural

Sabedes que día foi onte? 

O 15 de outubro celébrase o Día Internacional da Muller Rural. No cole celebrámolo por todo o alto con dúas visitas moi especiais. Dúas das nosas mamás, que traballan no sector rural, compartiron con nós as súas experiencias e o seu día a día. Foi unha oportunidade única para coñecer de primeira man o seu labor fundamental na produción e coidado do medio rural. Con esta actividade, quixemos renderlles unha pequena homenaxe e destacar a súa importancia non só nas súas familias, senón tamén no desenvolvemento da nosa sociedade. 

Nesta ocasión, queremos darlles as grazas a Irene e a Eugenia por deixar de lado as súas labores e vir a compartir con todos nós as súas experiencias.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer