Blogue de lorena

Iniciámonos na robótica

 

O pasado martes, realizamos unha actividade do programa Ler Conta Moito con Leader Dreams organizada polo noso concello. 

Construimos divertidos vehículos eléctricos autónomos, deseñando as súas partes esenciais: chasis, motor, rodas... Coas nosas creacións participamos nunha carreira tola, tola, tola. 3,2,1 XAAAAAA! Autos tolos!

Tamén programamos o robot microbit Nezha o cal recibimos co Programa de Polos Creativos da Xunta de Galicia e fixemos un concurso de esferas robots (sphero mini). 

Pasámolo súper ben e aprendimos un montón, moitas grazas por darnos esta oportunidade. 

A continuación, clicando na imaxe, podedes ver un pequeno vídeo resumo. 

Película "Bichos"

Non sabedes o que nos encantou e todo o que aprendimos nesta sesión de cine.

Agora xa estamos preparados para investigar un pouco máis sobre todos eses bichiños que nos rodean.

Damos comezo ao noso proxecto "Atópanos se podes!"

Recollida de roupa

Dende o CEIP Antía Cal Vázquez, queremos dar as grazas a todas esas familias que colaboraron coa recollida de roupa deste curso 2024/2025.

E tamén grazas á campaña solidaria Mariola por querer contar un ano máis coa nosa axuda. 

Como vedes, recolectamos un montón de roupa e calzado.

 

Prensa-Escola

O pasado mércores, recibimos os nosos periódicos do programa prensa-escola de La Voz de Galicia. 

Estivemos lendoos e compartindo información. 

CINE "Bichos"

DÍA DE CINE

Mañá venres 4 de outubro teremos día de cine, onde veremos a película "Bichos", que nos axudará a dar comezo co noso proxecto "Atópanos se podes!"

Estades preparados?

Recollida de roupa

RECORDATORIO!

Mañá último día para a recollida de roupa e calzado usado levada a cabo pola Campaña solidaria Mariola. 

Calendario outubro

 

Outubro ven cargadiño de actividades que aos nosos/as nenos/as lles van encantar. 

Ramona Órbita

Onte gozamos da actuación de Pakolas e Laura Romero. 

Rimos, bailamos, cantamos e ata tocamos a guitarra con esta actuación organizada polo noso concello e Dinamizartj. 

Os nosos nenos e nenas, familias, profes e o noso alcalde pasárono en grande con este concerto onde viaxamos no tempo con Ramona Órbita e a súa máquina do tempo e coñecimos un montón de personaxes importantes. 

Gracias por traer esta actividade que nos gustou tanto. 

Menús 1º trimestre

Cambio a xornada partida

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer