Blogue de gladys.enriquez

CIENCIA Á FEIRA

Comezamos a semana cunha visita do máis especial. Tivemos a sorte de ser un dos concellos visitados por "CIENCIA Á FEIRA" da man do grupo de innovación docente XuvenCiencia.

Tal e como se describe na páxina oficial da USC, ‘Ciencia á Feira’ é un proxecto interxeracional e comunitario de divulgación informal da ciencia que tira proveito de estruturas fortemente asentadas no medio rural: a escola, os concellos, as asociacións e os colectivos veciñais e, por suposto, as feiras.

Este programa presentaralle ao noso alumnado tres eixes temáticos considerados relevantes na provincia de Lugo no contexto actual:

  • as enfermidades transmitidas por carrachas,
  • a xestión sustentable da augua e as micorrizas,
  • e microenxertos como ferramentas de produción vexetal.

Compartimos con vós a memoria do primeiro día de aprendizaxe. Podedes acceder clicando na seguinte imaxe.

ORGANIZACIÓN DE OUTUBRO

Compartimos a organización das actividades deste mes de outubro.

Espéranos un mes cargado de novas experiencias, saídas e novos aprendizaxes!


BENVIDO OUTUBRO

MENÚ COMEDOR OUTUBRO

Compartimos o menú do mes de outubro, que podedes descargar en formato pdf clicando no enlace.

 

A NOSA PRIMEIRA SEMANA

A nosa primeira semana de cole.

Poñemos fin á semana que marca o comezo dunha aventura.

Nestes días coñecimos as particularidades de cada un/unha, aquelas que nos fan únicos e que nos unirán o resto do curso.
Ademais de repasar e recuperar os coñecementos do ano anterior, tamén puxemos en práctica novas rutinas. Entre elas "os apadriñamentos lectores", unha actividade que selará parte das nosas xornadas.
E por suposto, comezamos por todo o alto saíndo do noso pequeno mundo. Os/as nosos/as nenos/as disfrutaron da música, do encontro con outros coles e da maxia de coñecer novos lugares.

Podedes ver o vídeo resumo clicando na imaxe:

Menú setembro 2023

Reunión de inicio de curso

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer