Blogue de gladys.enriquez
XORNADA DE RUGBY CO CLUB FENDETESTAS
Enviado por gladys.enriquez o Dom, 02/06/2024 - 12:58O pasado venres visitounos o club de rugby Fendetestas, das Pontes, para darnos a coñecer o seu deporte. Pasámolo xenial, agardamos repetir pronto!
Moitas grazas ao club e aos organizadores!
Organización xuño
Enviado por gladys.enriquez o Ven, 31/05/2024 - 10:26Copia de Calendarios 3º trimestre de Gladys
VISITA AO CEIPP A FRAGA
Enviado por gladys.enriquez o Dom, 26/05/2024 - 17:27O pasado venres vivimos unha das experiencias máis máxicas. A visita ao cole da Fraga foi toda unha aventura, cargando a nosa mochila de novos recordos.
Grazas aos mestres/as e aos nenos/as por acollernos cos brazos abertos. Sen esquecer a colaboración do noso Concello por facer posible esta actividade.
Repetimos?
AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR - CURSO 2024/2025
Enviado por gladys.enriquez o Mar, 21/05/2024 - 15:45Enviamos a nosa carta ao CEIPP A Fraga
Enviado por gladys.enriquez o Sáb, 18/05/2024 - 19:53Nuns días poñeremos rumbo ao CEIPP A Fraga para coñecer aos nosos compis das Pontes, pero antes deixamos enviada a nosa carta coas presentacións dos pequenos trotamundos.
A carteira do noso Concello visitou o cole para recoller o paquete, que entregamos con moitísima ilusión!
Visita da banda Axóuxere
Enviado por gladys.enriquez o Sáb, 18/05/2024 - 18:20RECIBIMOS Á BANDA AXÓUXERE!
O pasado mércores, 15 de maio, sacamos as nosas facetas musicais para conmemorar as Letras Galegas. A banda Axóuxere visitou o noso cole e xuntos bailamos e tocamos pezas da cultura e tradición galega.
Encantounos, esperamos repetir pronto!
Para ver máis fotos deste día, clicade AQUÍ
OLA NENOS E NENAS DO CEIPP A FRAGA!
Enviado por gladys.enriquez o Dom, 12/05/2024 - 11:07Compartimos con todos vós a presentación que fixeron os nosos nenos e nenas para o alumnado do CEIPP A FRAGA. Neste proxecto intercentro, que culminará coa visita ao colexio das Pontes, traballaremos a importancia da convivencia positiva e as relacións interpersoais.
Estamos desexando coñecer aos compis veciños!
FAI CLICK AQUÍ PARA ACCEDER AO VÍDEO.
OBRADOIRO de Micorrizas (fungos-raíces) e de Microenxertos.
Enviado por gladys.enriquez o Dom, 12/05/2024 - 11:02Rematamos as charlas organizadas por XuvenCiencia da mellor maneira!
Con cada obradoiro adquirimos coñecementos prácticos e esenciais para o noso día a día, aprendendo de maneira dinámica e significativa.
Encantounos!
Grazas aos organizadores por achegar á escola rural esta gran oportunidade. Agardamos novas edicións de Ciencia á Feira.
DERRADEIRO OBRADOIRO DE "CIENCIA Á FEIRA" con XuvenCiencia
Enviado por gladys.enriquez o Lun, 06/05/2024 - 20:04Este xoves, 9 de maio, volve XuvenCiencia ao noso cole para continuar cos obradoiros de Ciencia á Fiera. Neste trimestre coñeceremos a importancia das Microrrizas e dos Microenxertos, ferramentas de producción vexetal
Os nenos e nenas de infantil e primaria aprenderán de maneira conxunta e dinámica, aplicando estes coñecementos na súa vida diaria. Desexando que chegue o día!
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »