slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3

TABOLEIRO DE NOVAS

LISTAXE LIBROS 2024-25

Fai click na imaxe para acceder á listaxe dos libros ou descárgaa no arquivo adxunto.

AVISO

MATRICÚLATE NO COLE DE MURAS

 

CELEBRAMOS OS CUMPLES DE VERÁN

A nosa pequena familia celebrou os cumples do nenos e nenas que cumplen no verán. Parabéns!

UN DÍA SOBRE RODAS!

O pasado venres, 14 de xuño, tivemos o privilexio de recibir na nosa escola ao Club de Ciclismo Terra Chá. Foi unha experiencia única e educativa na que os nosos estudantes puideron coñecer en profundidade o desenvolvemento do ciclismo como deporte.

Queremos agradecer ao Concello por facer posible esta actividade. Estendemos o noso agradecemento ao Club pola súa visita, a súa dedicación e o entusiasmo co que compartiron os seus coñecementos e experiencias.

Grazas a todos por facer deste día unha experiencia inesquecible para os nosos estudantes. Esperamos poder seguir colaborando no futuro e continuar promovendo o deporte e a educación na nosa comunidade.

A IMPORTANCIA DA EDUCACIÓN VIAL: CHARLAS FORMATIVAS

O pasado luns, 10 de xuño, tivemos a honra de recibir na nosa escola a dous profesionais comprometidos coa seguridade viaria: un garda civil e unha traballadora da Xefatura de Tráfico. A súa visita foi unha oportunidade invaluable para os nosos estudantes, aprendendo sobre a importancia da educación viaria dunha maneira práctica e próxima.

 

MAÑÁ DE TÍTERES

XORNADA CO CB AS PONTES

O pasado venres visitounos o club de baloncesto das Pontes para darnos a coñecer o seu deporte. Foi un día chulísimo, cheo de aprendizaxe e diversión.

Moitas grazas ao club e aos organizadores!

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer