slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3

A IMPORTANCIA DA EDUCACIÓN VIAL: CHARLAS FORMATIVAS

O pasado luns, 10 de xuño, tivemos a honra de recibir na nosa escola a dous profesionais comprometidos coa seguridade viaria: un garda civil e unha traballadora da Xefatura de Tráfico. A súa visita foi unha oportunidade invaluable para os nosos estudantes, aprendendo sobre a importancia da educación viaria dunha maneira práctica e próxima.

 

MAÑÁ DE TÍTERES

XORNADA CO CB AS PONTES

O pasado venres visitounos o club de baloncesto das Pontes para darnos a coñecer o seu deporte. Foi un día chulísimo, cheo de aprendizaxe e diversión.

Moitas grazas ao club e aos organizadores!

 

ENTREGA DOS BOLETÍNS DE AVALIACIÓN

Neste curso académico aplicaranse as novas lexislativas, levando a cabo a última sesión de avaliación ao finalizar o período lectivo do curso académico.
Desta maneira, a recollida dos boletíns será o 26 de xuño dende as 10:00 ata as 12:00.

XORNADA DE RUGBY CO CLUB FENDETESTAS

O pasado venres visitounos o club de rugby Fendetestas, das Pontes, para darnos a coñecer o seu deporte. Pasámolo xenial, agardamos repetir pronto!

Moitas grazas ao club e aos organizadores!

Organización xuño

INICIO XORNADA CONTINUA

VISITA AO CEIPP A FRAGA

O pasado venres vivimos unha das experiencias máis máxicas. A visita ao cole da Fraga foi toda unha aventura, cargando a nosa mochila de novos recordos.

Grazas aos mestres/as e aos nenos/as por acollernos cos brazos abertos. Sen esquecer a colaboración do noso Concello por facer posible esta actividade. 

Repetimos?

 

Enviamos a nosa carta ao CEIPP A Fraga

Nuns días poñeremos rumbo ao CEIPP A Fraga para coñecer aos nosos compis das Pontes, pero antes deixamos enviada a nosa carta coas presentacións dos pequenos trotamundos.

A carteira do noso Concello visitou o cole para recoller o paquete, que entregamos con moitísima ilusión!

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer