Skip to Content

CAMIÑO DE SANTIAGO (1ºETAPA)

 

Esta semana comezamos co Camiño de Santiago no noso colexio, facede click nas fotos e veredes os nosos camiñantes.

Ó longo deste curso realizaremos parte do camiño Francés, sairemos dende Sarria, percorrendo así 100 km e conseguindo a nosa compostelana de "Bota a lingua no camiño".

Nestas camiñatas descubriremos diferentes lugares e realizaremos exercicio mellorando así a nosa saúde, recordamos que OMS recomenda unha hora de exercicio diario para que o noso corpiño se atope en bo estado.

Animámosvos a que durante este curso percorrades un anaquiño do Camiño, e se non é posible, unha ruta da nosa vila e nos enviedes unha foto disfrutando da marabillosa paisaxe. 



book | by Dr. Radut