Skip to Content

TAREFAS ESCOLARES PARA OS DÍAS DO ESTADO DE ALARMA

Coa finalidade de continuar traballando co alumnado nestes días de confinamento, imos aportarvos recursos para as distintas idades educativas tendo en conta que xa se enviaron actividades para estes primeiros 15 días. 

Os nenos deben continuar na medida do posible coas súas tarefas rutinarias: Almorzo, aseo, tarefas domésticas, traballo escolar, descanso-xogo libre, comida, xogo en familia, actividades lúdicas e plásticas, exercicio físico... Non soamente adicar tempo ás tarefas escolares posto que a situación xa é bastante complexa para eles.  

 

A ferramenta empregada para que poidades acceder aos materiais preparados para o desenvolvemento das tarefas vai ser a páxina web do centro. Así todo o alumnado poderá acceder ao mesmo tempo aos recursos facilitados por cada mestre.

 

Debedes ir ao bloque de ACTIVIDADES, dentro do mesmo escoller ESCOLARES e logo ir ao CURSO ou MATERIA correspondente. En caso de non dispoñer de impresora para completar nos documentos aportados, poderanse facer copiando os exercicios na libreta ou en folios.

 

 

Para posibles dúbidas e correccións tedes á vosa disposición o correo electrónico do centro: ceip.antas.ulla@edu.xunta.es ou ben poñerse en contacto cos respectivos docentes.

 

Recordámosvos unha vez máis a importancia de que descarguedes nos vosos teléfonos a aplicación de ABALARMOBIL para que exista unha boa comunicación entre as familias e o profesorado do centro.

TAREFAS ESCOLARES PARA OS DÍAS DO ESTADO DE ALARMA


image | by Dr. Radut