Inicio de Sesión

Conmemoracións

FESTA DA FROITA 2017

O pasado martes 31 de outubro, despois do "SAMAIN", tivemos a celebración da "10ª FESTA DA FROITA AUTÓCTONA"  e o "MAGOSTO".

Nesta ocasión mesturamos a tradición da froita e a modernidade da robótica.

Cada grupo de alumnos, dende infantil ata sexto de primaria, traballou unha froita e realizou unha pequena actuación.

Posteriormente procedimos a entrega dos premios as mellores cestas do 10 concurso de "cestas de froitas autóctonas" e os diplomas a todos os participantes. Temos que dar as grazas aos da Asociación AGFA, pola súa colaboración.

Despois procedimos a entrega dos agasallos a todos os participantes na expectacular "exposición de cabazas robóticas", presentadas polo alumnado do centro. Estes agasallos foron entregados por dous representates do Concello de Pontedeume e un representante do ANPA  do centro.

Rematamos coa típica degustación dos doces elaborados polas familias e por suposto das castañas do magosto asadas polos membros da asociación AGFA.

Moitísimas grazas a todos ( alumnos, mestres, familias, AGFA, ANPA e Concello) pola vosa colaboración e axuda, sen vos isto non sería posible.

Tedes as fotos e os vídeos nas súas respectivas galerías. Tamén podedes acceder dende os seguintes enlaces:

FOTOS

VÍDEOS.

Deixámosvos cunha pequena presentación da xornada.

 

SAMAIN 2017

O pasado martes 31 de outubro, celebramos no centro a festa do "SAMAIN". Nesta ocasión o alumnado de sexto, contounos a hsitoria desta celebración tan típica de Galicia.

A continuación procedimos a entrega dos premios aos mellores "contos de medo" e aos diplomas para todos os participantes. Noraboa a todos polos vosos traballos.

Finalizamos coa lectura dos contos gañadores.

Tedes as fotos e os vídeos nas súas respectivas galerías. Tamén podedes consultalos nos seguintes enlaces. 

FOTOS   

VÍDEOS

Coma sempre deixámosvos cunha pequena presentación da xornada.

LETRAS GALEGAS 2017

O 17 de maio, celébrase o "Día das letras galegas", este ano adicadas a "Carlos Casares". No CEIP Plurilingüe de Andrade comezamos coas celebracións o mércores 16. O alumnado de 5º e 6º elaboraron unha presentación coa vida e obra do autor homenaxeado.

Tamén cantamos a canción "Chea de vida" de "Gaudi Gaelgo" e rematamos cantando o "Himno de Galicia".

O xoves 18 continuamos coas celebracións, nesta ocasión presentamos o comic "Comic san de Andrade", elaborado por todo o alumnado do centro. O comic foi eleborado en torno ao PDI do centro "HABITOS SAUDABLES".

O venres 23 de xuño, o alumnado de 5º e 6º de primaria, representou "AS LARANXAS MÁIS LARANXAS DE TODAS AS LARANXAS", obra de Carlos Casares. Tedes as fotos na galería de fotos: "AS LARANXAS MÁIS LARANXAS"

Tedes as fotos e os vídeos nas súas respectivas galerías.   FOTOS    VÍDEOS

 

Maios 2017

Este ano, coma en anos anteriores, no cole, celebramos os maios. Nesta ocasión creamos un palleiro e unha alfombra floral.

A alfombra elaborámola, con motivos relacionados coa obra de Carlos Casares, escritor galego, a quen se lle dedica este ano o DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

O alumnado de infantil encargáronse de decorar "A galiña azul".

Os de primeiro realizaron "A formiga esquiadora".

O alumnado de segundo "As laranxas máis laranxas de todas as laranxas".

Os de terceiro "O Galo de Antioquía".

O alumnado de cuarto, quinto e sexto encargáronse de rematar o resto da alfombra e de decorar "O palleiro".

Tedes as fotos e os vídeos nas galerías correspondentes:     FOTOS      VÍDEOS

Deixámosvos cunha pequena presentación da xornada.

Día de Rosalía de Castro

Este ano, no CEIP Plurilingüe de Andrade, celebramos o "Día de Rosalía de Castro" (24 de febreiro). Para esta ocasión, seguindo as directrices da AELG (Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega), pedimos ao noso alumnado que gravase a unha persoa maior ( pai, nai, tía, tío, avó, avoa ou veciño/a) lendo un poema de Rosalía.

O pasado venres 7 de abril, presentamos os vídeos ao alumnado do centro. As fotos da xornada podedes atopalas na galería de fotos ou no seguinte enlace: fotos Rosalía

Dende o equipo de dinamización da Lingua Galega do centro, queremos agradecer as familias a súa participación e colaboración na gravación destes vídeos.

A continuación podedes disfrutar do resultado.

 

Entroido 2017

O pasado venres 24 de febreiro celebramos no cole o festival do Entroido. Este ano os nosos mecos viaxaron por todo o mundo, recollendo as tradicións dalguns dos paises máis importantes polos que pasaron. O noso alumnado recolleu esas tradicións e representounas e fermosos bailes que representaron no festival.

  1. O alumnado de infantil foise a facer as américas e ao seu paso por México, recolleron a "danza dos matachines" do estado de Hidalgo.
  2. Os de primeiro, colonizaron a Polinesia e Nova Zelanda e bailaron  unha "Haka Venga Maorí".
  3. O alumnado de segundo, viaxando por todo o mundo decatáronse de que no mundo hai moitos nenos e nenas aos que non se lles respecta os seus dereitos fundamentais e por iso cantaron a canción dos dereitos dos nenos e nenas.
  4. Os de terceiro no seu viaxe por África, pasaron polo Sáhara e trouxeron unha danza típica ""Ragsat Jai".
  5. Os de cuarto viaxaron a Brasil e traouxeronos un baile con ritmo de samba "Río 2 samba demo magalenha".
  6. Os maiores do cole quinto e sexto, viaxaron a África e do seu paso pola India coñeceron a industria cenematográfica "Bolibud" e bailaron unha danza típica "Marjaani".

Despois das actuacións o alumnado e as súas familias degustaron as larpeiradas feitas polos nenos e as súas familias.

Rematamos coa exhibición dos zancudos aportados polo Concello de Pontedeume.

Tedes as fotos e vídeos nas súas respectivas galerias.   FOTOS     VÍDEOS.

Coma sempre rematamos cunha pequena presentación das actuacións.

Día da PAZ 2017

O pasado luns día 30 de xaneiro celebramos o Día da paz.
RAIOTECA,  a trvés das profes Encarna e Isabel, trouxonos unha fantástica adaptación teatral do libro "A pomba Dona Paz" de Ramón Caride e ilustrado por Pepe Carreiro. 
Este libro é unha mensaxe de esperanza dirixida aos máis pequenos e pequenas, posto que só eles e elas serán quen de cambiar este presente desolador que vivimos: diferenzas sociais, guerras, nenos traballadores, mulleres maltratadas...


Dona Paz é unha pombiña que vive a rentes do ceo.
Nunha casiña moi linda entre as torres dunha igrexa.
Eu canto odía amañece vai pasear moi cediño,
para ver que cousas pasan polas `razas e os camiños.

Esta obra foi representada por representantes de todos os cursos, dende os máis pequeniños de 3 anos ata os de 6º de primaria.

En colaboración coa aula de plástica os alumnos de todo o cole, escribiron palabras de PAZ  que ao finalaizar os actos intercambiaronse entre todos.
Coma sempre tedes as fotos e os vídeos da xornada nas súas respectivas galerias:   FOTOS      VÍDEOS
Rematamos cunha pequena presentación das diferentes actuacións.

Nadal 2016

Este ano celebramos no centro un "NADAL EN VALORES". cada grupo de alumnos traballou sobre un valor:

  • Educación Infantil: COMPARTIR.
  • Primeiro de primaria: COOPERACIÓN
  • Segundo de primaria: SOLIDARIEDADE
  • Terceiro de primaria: XENEROSIDADE
  • Cuarto de primaria: PAZ
  • Quinto de primaria: AMIZADE
  • Sexto de primaria: IGUALDADE

Ao rematar as actuacións o alumnado recibiu unha visita moi especial: os paxes dos reis magos, que repartiron ca

FELICES FESTAS.

Coma sempre tedes as imaxes e os vídeos nas súas respectivas galerías, podedes acceder dende os seguintes enlaces:  FOTOS        VÍDEOS

Deixámosvos cunha pequena presentacióndas diferentes actuacións.