O pasado venres 21 de febreiro, celebramos o festival de Entroido. Nesta ocasión, non houbo un tema determinado para elaborar os disfraces, o único requisito era que o disfraz fose reutilizado ou reciclado, nunca mercado.
Houbo unha ampla variedade de disfraces: vacas, submarinistas, astronautas, policias ecolóxicos, pezas de tetrix, roqueiros, cubos de rubik, emojis, princesas, tétricos, piratas, globos aerostáticos, pixamas, osos, medusas, dinosuros, .... e non podía faltar " A CAPITANA VERDEMAN".
Rematamos cunha degustación de larpeiradas de Entroido aportadas polas familias.
Temos que agradecer as familias a súa colaboración, non só coas larpeiradas, senón na confección dos disfraces. GRAZAS.
O venres 28 de febreiro realizamos o "ENTERRO DOS MECOS".
FOTOS:
Neste 30 de xaneiro, para conmemorar o día internacional do Día da Paz, Raioteca agasallounos cun libro espectacular escrito por Paula Merlán e Pilar López Ávila e ilustrado por Concha Pasamar.
Cada curso preparou un papaventos , onde contaban os soños de diferentes nenos e nenas do Mundo: Exipto, Ucrania, Portugal, Amazonia, Madagascar, Haiti.
Cada papaventos tiña os soños nas tres linguas: castelán, galego e inglés.
Tamén fixeron un papaventos cos soños da rapazada do noso colexio.
Abofé que foi todo un descubrimento este libro que está feito de Papel de Pedra.
Tedes as imaxes e os vídeos nas súas respectivas galerías:
Este ano, como en anos anteriores, celebramos no centro o festival de Nadal 2019. Nesta ocasión tivemos obras de teatro, panxoliñas, ....
Como sempre tedes as fotos e os vídeos nas súas respectivas galerias.
Deixámosvos cunha pequena presentación da xornada.
Este curso, como en cursos anteriores, celebramos o Magosto e o Samaín.
Nesta ocasión para a celebración do Samaín, o alumnado trouxo catro ou cinco cabazas por aula, que posteriormente decoraron na aula, tendo en conta o noso PDI "A Reciclaxe". O alumnado de sexto baleiró dúas cabazas, para acender candeas dentro e seguir a tradición do Samaín.
A continuación o alumnado de sexto, coa axuda do mestre de Educación Física, organizaou xogos populares, para todo o alumnado de primaria.
Para a celebración do Magosto, contamos coa presenza dun "CASTAÑEIRO", que asou castañas e que poidemos degustar ao son da gaita, tocada polo mestre Ricardo, e do bombo, tocado po Pau.
Rematamos as celebracións cunha entrevista, na nosa radio "Loro Lareto", aos casteñeiros, por parte de alumnos de quinto de primaria.
Tedes as fotos na galería
Coma sempre deixámosvos cunha presentación da xornada.
LETRAS GALEGAS 2019
ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS
Este ano celebramos a semana das letras galegas adicadas a Antonio Fraguas Fraguas, e para iso, fixemos un percorrido pola vida e obra do autor homenaxeado.
Os traballos presentados son os seguintes:
Primeiro de primaria: "Vida dos 0 aos 13 anos".
Segundo de primaria: "Vida dos 13 aos 93 anos".
Terceiro de primaria: "Percorrido xeográfico polos sitios onde naceu e vivíu Antonio Fraguas".
Cuarto de primaria; "Escenificación das diferentes etapas da vida de Antonio Fraguas en defensa da Lingua Galega".
Quinto de primaria: "Etnografía galega. Defensa de Antonio Fraguas da cultura popular".
Sexto de primaria: "Museo do Pobo Galego".
Educación Infantil: " O casamento da pulga e a mosca" adaptación do "casamento da pulga" de Antonio Fraguas.
Tedes as imaxes e os vídeos nas súas respectivas galerías ou premendo nos seguintes enlaces:
Coma sempre rematamos cunha pequena presentación das xornadas.
Comezamos o Entroido no CEIP Plurilingüe de Andrade, cos mandatos do MECO.
VENRES: o venres celebramos o festival de Entroido. Nesta ocasións os disfraces versan sobre o noso PDI "Os animais das Fragas do Eume".
Rematamos as actuacións coa degustación de larpeiradas aportadas polas familias. GRAZAS a todos pola vosa colaboración.
Tedes as fotos e os vídeos nos seguintes enlaces:
Despedímosvos cunha pequena presentación da xornada.
O pasado 31 de outubro, celebramos no centro a "Festa da Froita", integrando nela o Magosto e o Samaín.
Todo o alumnado do centro realizou diferentes actuacións, tendo como fío condutor as froitas autóctonas da Fraga do Eume.
Rematamos a festa, co magosto e cunha degustación de larpeiradas, elaboradas polas familias dos nenos.
Moitísimas grazas pola vosa colaboración.
Atoparedes as fotos e os vídeos nos seguintes enlaces: