Opasado venres 11 de novembro, celebramos no centro o "MAGOSTO". As castañas, aportadas polas familias, asáronse no centro coa colaboración da asociación do "Olmo".
Unha vez finalizada a degustación das castañas, realizamos diferentes xogos, aproveitando que era o día do "peón".
Tedes as fotos na galería e no seguinte enlace: FOTOS
O pasado xoves 11 de novembro celebramos o MAGOSTO. Nesta ocasión contamos coa colaboración da asociación do Olmo, que foron os encargados de asar as castañas, e a ANPA do centro que as mercou.
Comezamos a xornadaa coa elaboración dunha mandala que fixemos, por turnos, entre todo o alumnado do centro, posteriormente degustamos as castañas asadas e rematamos con xogos tradicionais, respectando en todo momento as medidas anticovid.
Tedes as fotos da xornada na galería ou no seguinte enlace: MAGOSTO
Magosto 2021 de Andrade Cole
Este ano debido a situación COVID coa que seguimos a convivir, para celebrar o SAMAÍN, o alumnado veu disfrazado da casa e podían traer merendas terroríficas. A idea era realizar unha celebración cos compañeiros de aula.
Ao longo dos días previos celebramos un concurso de debuxos e contos de Samaín. Parabéns aos gañadores.
Tedes as fotos na galería: FOTOS SAMAÍN
Coma todos os anos, este ano tan especial pola situación de pandemia que estamos a vivir, tamén celebramos o MAIO.
Se queredes ter máis información podedes visitar o GALEBLOG.
E se vos gustou podedes facer algún comentario.
Tedes as imaxes na nosa galería de fotos: FOTOS MAIOS.
Xa podedes consultar as actividades propostas para a celebración das Letras Galegas 2021, no blogue da biblioteca.
Podedes acceder dende o seguinte enlace: Letras Galegas 2021
Este ano para celebrar o día do libro, solicitamos a todas as familias que compartades con nós un video-conto en familia.
Para poder ver os vídeos que xa están compartidos podedes acceder ao blog da biblioteca: SOÑOS DE ANDEL
Grazas a todos/as pola vosa colaboración.