SAMAÍN 2024 de Laura Alejandro Louzao
A continuación tedes unha circular informativa sobre as eleccvións ao consello escolar e un modelo de presentación de candidaturas.
O vindeiro mércores celebraremos no noso centro a festividade do Samaín.
Para iso, convidámosvos a partir das 12:00 horas a desfrutar dunhas merendas terroríficas. Cada alumno/a encargarase de traer unha parva saudable terrorífica para compartir entre todos/as. Recordade tamén, que tanto o alumnado como as súas familias, poderán vir disfrazados/as este día.
Agardamos a vosa participación.
A semana pasada visitounos a Garda Civil para ofrecernos unha charla de Seguridade Vial e coñecer cales son os medios que empregan no seu traballo. Non vos podedes perder o ben que o pasaron e canto aprenderon!!
Un ano máis continuamos coa iniciativa do Consello Escolar da Infancia da mán de Euroeume a través do seu programa Coidando-Nós.
Esta foi a primeira xuntanza que realizaron os representastes dalgúns cursos para coñecer as novas propostas de traballo e preparar o próximo Consello Autonómico da Infancia, que terá lugar en Coruña.
A idea principal é continuar co proxecto de transformación do noso patio, incluindo os dereitos e deberes do alumnado nestes espazos ca finalidade de mellorar a convivencia e empregar os recunchos do patio de maneira responsable.
Comezamos un mes de outubro cargado de actividades. Anotade na axenda para non esquecer ningunha!