HOMENAXE A NELSON MANDELA
NELSON MANDELA OU A RECONCILIACIÓN NACIONAL
Nelson Rolihlahla Mandela (Mvezo, Unión de Sudáfrica, 18 de xullo de 1918-Johannesburgo, Gauteng, Sudáfrica, 5 de decembro de 2013).
Coñecido no seu país, Sudáfrica, como Madiba (título honorífico outorgado polos anciáns do clan de Mandela; tamén era chamado Tata), foi político e avogado.
Despois de estar preso durante máis de 27 anos cumprindo cadea perpetua, Nelson Mandela foi liberado. Trala súa saída da cadea, o 11 de febreiro de 1990, Mandela traballou co entonces presidente de Sudáfrica, Frederik Willem de Klerk, liderando o seu partido nas negociacións para conseguir unha democracia multirracial en Sudáfrica, cousa que se conseguiu en 1994, coas primeiras eleccións democráticas por sufraxio universal.
Polo seu traballo en conxunto, tanto Mandela como de Klerk recibiron o Premio Nobel da Paz de 1993. Posteriormente Mandela gañou as eleccións e foi presidente de Sudáfrica desde 1994 ata 1999. A súa prioridade estivo na reconciliación nacional.
A súa última aparición pública foi o 11 de xullo de 2010 na final do Campionato Mundial de fútbol de Sudáfrica 2010. Finou o día 5 de decembro de 2013.
Vaia desde aquí a nosa pequena homenaxe a este gran home.