Skip to Content

Actividade 4º Primaria

Letras Galegas 2024

Festival  das LETRAS GALEGAS 

 

Martes, 14 de maio ás 9:30H  Educación Infantil

 

Mércores, 15 de maio ás 9:30h 1º, 2º e 3º de Educ. Primaria

 

Xoves, 16 de maio ás 9:30h 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

 

Estades todas e todos convidados !!

 

 

 

 

 

PROCESO DE ADMISIÓN

 

 

Rematado o prazo de presentación de solicitudes para a admisión ordinaria do curso  2024-25 

 

 COMUNÍCASE:

 

Que existindo máis solicitudes presentadas que vacantes ofertadas por este Centro educativo, para o nivel educativo de 4º de Educación Infantil, procederase a súa baremación, segundo o establecido na Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022 do 3 de febreiro, que regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos.

 

Quedando exposto no taboleiro de anuncios do Centro a relación de solicitudes.

 

 

 

 

Día de Rosalía e Día da Muller

PROXECTO RÍOS

O alumnado de 5º  de Primaria está a participar no Proxecto Ríos, financiado pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil.

A primeira das saídas ao río Miño a realizar os obradoiros

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2024_25: PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

 

O prazo de presentación  de solicitudes estará comprendido entre os días 1 e 20 de marzo do 2024.

 Toda a información sobre proceso de admisión publícase na aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado).

 Cada alumna/alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar; en caso de duplicidade de solicitude esta suporá a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

 Na solicitude pódese relacionar ata 6 centros por orde de preferencia.

INSTRUCIÓNS PARA A SOLICITUDE  DE PRAZA:

Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opción descritas a continuación:

1.- Cubrir a solicitude ED550B informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro: Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá entrar na aplicación “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado), seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Crear e Confirmar”. Feito isto poderá descargala para asinar e presentar no centro.

2.-  Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica:

Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder á aplicación “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado) con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, para iso deberá premer na icona verde que se atopa arriba á dereita. Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Confirmar solicitude” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá asinar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de sinatura remate correctamente. Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude.

IMPORTANTE:

Debe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, o anexo II bis dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, última páxina da solicitude que pode visualizar e descargar nesta aplicación).

 3.- Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro, utilizando o formulario normalizado de solicitude (Formulario ED550B).

 

SOLICITUDE DE ADMISIÓN PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO:

O número de postos escolares por unidade reservados ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo en 4º de infantil será de 3.

Na solicitude de admisión os pais ou representantes legais deberán manifestar expresamente que ocupan unha praza reservada para alumnado con NEAE.

Xunto coa solicitude deberán achegar a documentación xustificativa das circunstancias manifestadas.

 Os centros deberán remitir as solicitudes xunto coa avaliación psicopedagóxica inicial no prazo máximo de 10 días hábiles á xefatura territorial, para a súa valoración no Equipo de Orientación Específico.

NORMATIVA:

 ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos

 DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

INFORMACIÓN COMPLEMENTARIA (arquivos):

Calendario de admisión

Criterio Complementario de admisión establecido polo CEIP Plurilingüe Amadeo Rodríguez Barroso

Plano da zona educativa de influencia do centro

Tríptico informativo sobre o Proxecto Educativo do Centro.

Resultado do sorteo para casos de desempate

Prazas Vacantes curso 2024_25

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut