O alumnado de 4º de Educ. Infantil admitido para o próximo curso no CEIP Plurilingüe Amadeo Rodríguez Barroso deberá formalizar a matrícula na Secretaría do Centro.
O prazo de matrícula vai do 20 ao 30 de xuño.
A documentación a presentar no momento de matricularse será a seguinte:
- Impreso de matrícula debidamente cuberto e asinado. Poderá recollerse na secretaría do centro ou descargarlo na páxina web.
- Fotocopia da tarxeta ou carnet de asistencia sanitaria. Ambas caras da tarxeta deberán ir na mesma cara da fotocopia.
- Catro fotografías tamaño carnet, con nome e apelidos pola parte posterior.
- Fotocopia da cartilla de vacinas.
Como documentos adxuntos poden atopar o impreso de matrícula e outra documentación de interese relacioanada coa nova incorporación ao centro.
Convócase aos proxenitores do alumnado que vai cursar 4º de educación infantil (3 anos) a unha reunión para o día 27, XOVES ás 12:00h, debendo acudir a ela sen os nenos ou nenas.