Pedagoxía Terapéutica

Repasamos os artículos!

Hoxe para o alumnado de 1º e 2º de Primaria tedes unha ficha interactiva para repasar os artículos en castelán (el, la los las)

Recordade que non hai que imprimir a ficha, xa que a podedes facer aqui na web directamente. Ao rematar premede en “Terminado” e despois en “Comprobar mis respuestas” para ver se o fixestes ben. 

 

Imos poñer a proba a nosa memoria!

Queredes comprobar cantas palabras sodes capaces de memorizar?

Este é un xogo recomendado para alumnado de 3º e 4º de Primaria; pero anímovos a que o intentedes tamén os nenos doutros grupos e vexades como andades de memoria.

Poñede moita atención!

Xogo para 5º de Primaria

Hoxe propóñovos este xogo que nos permite repasar os prefixos, sufixos, aumentativos e diminutivos.

Está recomendada para alumnado de 5º de Primaria pero como xa vós comentei noutras ocasións, se algún alumno ou alumna doutro grupo se anima a probar, adiante!!

É unha actividade na que teredes que ir superando misións, respostando diferentes preguntas. É importante que leades ben as instrucións que se dan no xogo; e non esquezades ir anotando uns números que irán aparecendo ao ir superando as fases, xa que ese mesmo número é o que teredes que escribir nunha caixa forte que aparece ao final da actividade. 

Queredes axudar a liberar a Robot.in?

Ficha interactiva para 1º de Primaria

Repasamos os números ordinais! Esta actividade realízase a través desta ficha interactiva. Non a tedes que imprimir, senón que xa a podedes realizar directamente aqui na web. É importante que sempre leades ben os enunciados, para saber o que tedes que facer. Cando rematedes premede no botón de “ terminado” e despois dádeslle a “comprobar mis respuestas” para saber se o fixestes ben. Animádesvos?

Ordenamos números

Aqui tedes unha ficha interactiva ( é dicir, non tedes que descargala nin imprimir, xa a podedes facer directamente aqui na web). É unha actividade para repasar os números ata o 999. Está recomendada para alumnado de 2º de Primaria. Unha vez rematada, recordade que tedes que premer en “terminado” para ver se o fixestes ben. Ánimo!!

Matematicas, una ficha interactiva de mprofe
liveworksheets.com

Xogo para alumnado de 1º e 2º de Primaria

Repasamos as mates, xogando...

No xogo que vos propoño, teredes que resolver exercicios de sumas e restas, números ordinais, resolución de problemas moi sinxelos etc...

Animádesvos?

Xogo para alumnado de 3º e 4º de Primaria

Imos repasar un pouquiño de ortografía...

Seguro que sodes capaces de descubrir todos os erros. Ánimo!

Xogo para alumnado de 5º e 6º de Primaria

Repasamos as mates, xogando!

Animádesvos con este escape game?

Imos contar sílabas!

Aqui temos un xogo para repasar e contar as sílabas de diferentes palabras sinxelas. Está destinado para alumnos e alumnas de 1º e 2º de Primaria.

Queredes probar?

Actividades para traballar a memoria

A memoria é unhas das funcións cognitivas básicas, que nos permiten desenvolver as aprendizaxes. Polo que é necesario traballala coa finalidade de ir mellorando pouco a pouco.  

O seguinte xogo está destinado para alumnado de Infantil e 1º de Primaria.

 

Distribuir contido