Xogo para 5º de Primaria

Hoxe propóñovos este xogo que nos permite repasar os prefixos, sufixos, aumentativos e diminutivos.

Está recomendada para alumnado de 5º de Primaria pero como xa vós comentei noutras ocasións, se algún alumno ou alumna doutro grupo se anima a probar, adiante!!

É unha actividade na que teredes que ir superando misións, respostando diferentes preguntas. É importante que leades ben as instrucións que se dan no xogo; e non esquezades ir anotando uns números que irán aparecendo ao ir superando as fases, xa que ese mesmo número é o que teredes que escribir nunha caixa forte que aparece ao final da actividade. 

Queredes axudar a liberar a Robot.in?