Pedagoxía Terapéutica

O xogo das series numéricas

Aqui tedes un xogo para os nenos e nenas de Infantil; é unha actividade que permite repasar a serie numérica do 0 ao 9.

Queredes xogar?

Que sabedes dos contos?

Imos ver que sabedes dos contos...

Neste xogo, teredes que ir respostando preguntas relacionadas con diversos contos que seguro que lestes algunha vez. É unha actividade que aínda que está destinada, principalmente a alumnado de 3º e 4º, tamén vos podedes animar os nenos e nenas doutros cursos.

Queredes probar?

Suxeito e predicado

Na seguinte actividade imos repasar a identificación do suxeito e do predicado dunha oración. Está destinada, principalmente, para alumnos e alumnas de 4º e 5º de Primaria.

Traballamos a comprensión lectora de frases sinxelas.

O xogo que se presenta a continuación, está pensado para nenos e nenas de 1º de Primaria co fin de mellorar a súa comprensión lectora.

Teredes que respostar a preguntas moi sinxelas, sobre as frases que iredes atopando ao longo do xogo (para comezar a xogar tedes que premer na frechiña)

Queredes xogar? Animádevos! 

Localizamos a idea principal dun texto!

Nesta actividade irán aparecendo unha serie de textos curtos dos cales teredes que indicar cal é a idea principal, das tres opcións que se presentan. Está indicado para alumnos e alumnas de 2º de Primaria.

Gustavos ler? 

 

Xogo da ruleta

O seguinte xogo está indicado para alumnos e alumnas de 3º de Primaria. Nel teredes que premer na man que aparece debuxada para que xire a ruleta e teredes que ir contestando ás preguntas ( non é necesario que copiedes as preguntas no caderno tal e como indica o xogo, con que tiquedes nas respostas correctas, é suficiente)

Animádesvos a probar?

Repasamos ortografía

Agora toca repasar un pouquiño a ortografía!

Este xogo está indicado, principalmente para alumnado de 4º e 5º de Primaria.

Queredes xogar aos detectives? Pois adiante!

Actividades para 3º e 4º de Primaria

Neste xogo imos repasar a identificación de palabras, indicando se son palabras agudas, graves ou esdrúxulas

Animádesvos a participar?

 
No seguinte xogo imos repasar a identificación da sílaba tónica en diversas palabras. Recordade que a sílaba tónica é aquela sílaba que se pronuncia con maior intensidade dentro dunha palabra.

Actividade para 1º e 2º de Primaria

Imos repasar o xénero dos substantivos, a través dun xogo de imaxes. Teredes que identificar se as imaxes corresponden a nomes masculinos ou femininos.

 

Xogo BOOM para 1º e 2º de Primaria

Coñecedes o concurso da televisión, BOOM, no que os participantes teñen que ir respostando preguntas?

Pois aqui tedes unha adaptación para nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria con preguntas moi sinxelas. Animádesvos a probar?

 

Distribuir contido