Hoxe é o último día de cole...foi un curso moi atípico; pero agora toca descansar e disfrutar das vacacións.
Eu aproveito para despedirme e desexarvos que teñades uns meses de descanso, ben merecidos. Foi un pracer compartir este curso con todos vos. Oxalá nos vexamos pronto!!
Moitos bicos!!
Con moito agarimo,
Mariola
P.D. Se premedes na imaxe veredes unhas tarefas que vos recomendo para o verán, non esquezades poñelas en práctica...
Aqui tedes unha ficha interactiva para repasar o xénero e o número dos substantivos. Non vos esquezades, unha vez rematado, premer en “terminado” e en “comprobar mis respuestas” para ver se vos saíu ben.
É unha actividade moi sinxela que a podedes facer o alumnado de 2º e 3º de primaria.
Hoxe imos repasar os substantivos e a súa clasificación. É unha actividade recomendada para 4º e 5º de Primaria, pero xa sabedes que se vos animades os alumnos/as doutros niveis tamén o podedes intentar.
Recordade unha vez rematado, premer en “terminado“ e despois en “comprobar mis respuestas” para ver se o fixestes ben.
Aquí vos deixo outro xogo para os nenos e nenas de Infantil, aínda que tamén podedes probar os alumnos/as de Primaria.
Primeiro tedes que ir premendo en cada carta, para ver o monstro de cores que se esconde detrás. Intentade memorizar onde están colocados. Cando consideredes que xa o tedes memorizado, premedes no botonciño de “Ya estoy listo/a” e irán aparecendo diferentes preguntas. Animádesvos a xogar?
Adiviña, adiviñanza!!
Na seguinte actividade tedes que ler moi atentamente as definicións e colocar o animal correspondente ao lado. Recordade, ao rematar, premer en “terminado” e despois en “comprobar mis respuestas”.
Queredes probar?
Hoxe imos repasar un pouco de ortografía. Aquí vos deixo unha ficha interactiva. Tedes que escribir en cada recadro a letra que vós consideredes que é a correcta. Recordade comprobar as vosas respostas, para saber se o fixestes ben.
En principio, esta actividade está destinada para alumnado de 3º e 4º pero podédelo intentar os que queirades. Seguro que o facedes xenial!
Hoxe imos repasar os determinantes; para iso déixovos esta ficha interactiva onde tedes que colocar cada determinante no bote correspondente. (Tedes que escribir os diferentes determinantes que aparecen, nos recadros de cada bote.)
Non esquezades, ao rematar, premer en “terminado” e despois en “comprobar mis respuestas” para saber se o fixestes ben.
Como andades de memoria?
Esta actividade está recomendada para alumnos e alumnas de Infantil e 1º de Primaria.
Prestade moita atención!
Para os alumnos e alumnas de 2º e 3º de Primaria propóñovos unha ficha interactiva para repasar as táboas de multiplicar.
Recordade que ao rematar tedes que premer en “terminado” e despois en “comprobar mis respuestas” para que poidades ver se o fixestes ben.
Coa seguinte ficha interactiva ( que xa a podedes facer directamente aqui na web) imos calcular a fracción dun número. Está indicada para alumnado de 4º e 5º de Primaria. Unha vez rematada, premede en “terminado” e despois en “comprobar mis respuestas” para ver se o fixestes ben.
Recordades como se resolvía?