XERMOLIÑO
Dende a volta das vacacións o alumnado de infantil e de sexto de primaria comezou a plantar nos nosos bancais. En dous deles decidimos plantar os ingredientes dunha futura ensalada, para así seguir traballando hábitos de alimentación saludable, dentro do proxecto que estamos a levar a cabo de Xermoliño - Aliméntate ben. Eliximos TOMATE CHERRY vermello, laranxa e amarelo e tamén LEITUGA iceberg e rizada. No outro bancal, o alumnado de 6º de infantil decidiu plantar fresas para posteriormente facer batidos ou xeados saudables.
Temos moitas ideas e queremos seguir plantando outras cousas coma flores....axudádesnos???
|
|||
Neste segundo trimestre, as nenas e nenos de 4 anos dedican algún tempo a cociñar. Dada as datas nas que estabamos, o Entroido, fixeron galletas de mantequilla! Esta actividade permitiulles traballar coas medidas, pois tivemos que pesar os ingredientes; o conteo e a grafía, tivemos que apuntar os alimentos; e moitas outras cousas como as quendas, a coordinación óculo-manual, o vocabulario, etc. Unha vez está todo preparado... MANS Á OBRAAAAAAAAAAAAA!!!!!
|
|||
Seguindo coa temática da alimentación saudable, o alumnado de 4 anos estudia os alimentos e a súa orixe, clasificándoos segundo sexan de orixe animal ou vexetal. A primeira actividade consistía en xirar a ruleta na cal había alimentos de toda clase e debían clasificalo en alimentos de orixe animal ou vexetal e poñelos no lugar correspondente, na mesa de experimentación. Ao día seguinte, trouxeron da casa diferentes alimentos e tivemos que volver a clasificalos. Agora xa sabemos diferenciar entre un alimento de orixe animal ou vexetal.
|
|||
Os nenos e nenas da Clase de Elmer de 4 anos traballamos no primeiro trimestre un pintor italiano, ARCIMBOLDO. É coñecido polas súas pinturas do rostro con froitas e alimentos… é por iso que, para intentar copiar as súas produccións, nós tamén fixemos o mesmo. Primeiro, sacamos as fotos das nosas caras e imprimímolas; logo, pegámoslle pegatinas de alimentos, en especial de froitas, e velaí os resultados!!
|
|||
VERMELLO, AMARELO E... VERDE!!!!!!! O alumnado de 6ºB de Educación Primaria da libre acceso á alimentación sá e equlibrada. Clasificaron os alimentos segundo sexan de consumo diario ou ocasional.
|
|||
Os pequechos e pequechas da aula de 3 anos, fixeron hoxe galletas de mantequilla na clase, as decoraron, fornearon e posteriormente as degustaron. Mesturaron, amasaron, coñeceron novos utensilios de cociña, traballaron a motricidade grosa e fina, a atención e concentración e tamén a educación sensorial, xa que unha vez feitas, poideron degustalas na clase e tamén sobrou algunha para levar para a casa. Por suposto, unha vez rematada a actividade, elas e eles encargáronse de recoller, fregar e secar todos os materiais que empregamos para a realización das galletas. Estes pequen@s xa se están convertendo en tod@s uns CHEFS!!!! Son uns magnífic@s reposteiros!!!!!
Grazas mestre XANDRE, por compartir con nós estes momentos tan importantes e especiais!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! |
|||
Hoxe as nenas e nenos de 4º de EP estiveron xogando co Quen son eu? no que empregaron preguntas e respostas de SI/NON. Coñeceron o xogo, as súas regras, as características dos alimentos, as diferenzas entre uns e outros.
|
|||
Aproveitando que no currículum de 6º E.P. aparece o tema da " Nutrímonos", os alumn@s de 6ºA elaboraron o menú que el@s tomaron cada día durante unha semana.
|
|||
O alumnado de 3 anos xa desfruta dos seus ratiños de xogo simbólico co supermercado que lles deixaron os Reis Magos, no que fan as súas primeiras compras e intercambios de diñeiro. Constitúe unha ferramenta magnífica a través da cal poden aproximarse aos obxectivos recollidos no Proxecto Xermoliño dentro do programa Aliméntate ben, dunha forma vivencial, lúdica e divertida.
|
|||
Os pequenos e pequenas de 3 anos aproveitamos a inmersión no Xermoliño para facer zume de laranxa na clase, proposta a través da cal traballamos a autonomía, a iniciativa persoal, a coordinación, presión e concentración... ademais de comezar a desenvolver hábitos saudables para unha dieta equilibrada. Precisamos espremedores, laranxas, coitelo, xerra e... OS VASOS!!!!!!!!!!!!! Unha vez rematamos, tocou lavar todo...
Así de ben o pasamos...!!
|
|||
O alumnado de 5º, participou nun debate sobre o consumo de azucre. Para iso, dividiuse a clase en tres grupos: un grupo, buscaba argumentos a favor do azucre, outro en contra, e o terceiro, escoitaba ao debate e ao remate decidía con que grupo estaban máis de acordo. Despois, cada grupo buscou os seus argumentos e presentoullos aos demais. Atopamos que hai páxinas en Internet que fomentan o consumo sen límite de azucre. Outra páxinas opóñense totalmente a ese consumo. Isto fixonos pensar que, posiblemente, esas opinións fosen por intereses económicos (como as empresas de doces, por exemplo). Ao final, a opinión xeral foi que non debemos consurmir demasiado azucre e que debemos limitalo a ocasións especiais.
|
|||