Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Mércores Decembro 01, 2010 »
Mér
Start: 01/12/2010 13:20

 

De brillante pódese considerar a participación d@s atletas do noso centro na Fase Local de Campo a través celebrada no día de hoxe no Polígono Industrial de Bértoa.

  Aínda que o de menos eran os resultados, as seis medallas acadadas e a imaxe dada polos nen@s , fannos pensar, que no colexio hai unha grande canteira de futuros atletas.

  Cabe destacar o primeiro posto na categoría Benxamín de Valeria Gómez( 3º de E. Primaria) e o 4º posto na mesma categoría  de Andrés Lage( 2º de E. Primaria).

  Na categoría alevín acadamos os tres primeiros postos na categoría masculina, obtendo o primeiro posto Diego Castro ( 5º de E.Primaria), o  segundo Jonathan  Lema (4º de E.Primaria) e o terceiro Juan Rodríguez(5º de E. Primaria).

 Nesta mesma categoría Noelia Riveiro( 5º de E.Primaria) obtivo a medalla de ouro e Nazaret Franco a medalla de bronce.

  Noraboa a tod@s e grazas polo voso esforzo e exemplar comportamento.

 

VALERIA GÓMEZ ACADOU O PRIMEIRO POSTO NA CATEGORÍA BENXAMÍN FEMININO
ANDRÉS LAGE ACADOU UN MERITORIO CUARTO POSTO NA CATEGORÍA BENXAMÍN MASCULINO 
NOELIA RIVEIRO E NAZARET FRANCO COLLEITARON AS MEDALLAS DE OURO E BRONCE NA CATEGORÍA ALEVÍN FEMININO
DIEGO CASTRO OBTIVO O PRIMEIRO POSTO NA CATEGORÍA ALEVÍN MASCULINO
PODIO DA CATEGORÍA BENXAMÍN FEMININO
 PODIO DA CATEGORÍA ALEVÍN FEMININO
PODIO DA CATEGORÍA ALEVÍN MASCULINO
NO FICHEIRO ADXUNTO PODES VER AS CLASIFICACIÓNS POR CATEGORÍAS
Distribuir contido