Eventos
Xov | ||
---|---|---|
Start: 13/05/2010 21:22
Esta resolución definitiva na admisión do alumnado ditada polo consello escolar do Ceip. A Cristina poderá ser obxecto de recurso de alzada ante a titular do departamento territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación. Os alumnos/as non admitidos nesta 1ª fase, pasarán á Comisión de Escolarización, que determinará o Centro no que se escolaricen . Antes do inicio da fase de matricula a Comisión de Escolarización asignará as vacantes. As prazas reservadas para "Necesidades Educativas Especiais", de non cubrirse por este réxime, pasarán aos alumnos que quedaron excluídos según os criterios de puntuación e preferencias manifestados. Do 20 ao 30 de Xuño formalizarase a matrícula para o alumnado de educación infantil e primaria. Se finalizado o prazo de matrícula, non se formalizase esta, decaerá o dereito á praza obtida.
|