Animación á lectura
PETROGLIFOS E ENTROIDO
Enviado por admin o Ven, 25/01/2013 - 17:22Aproveitando que este curso estamos desenvolvendo un Proxecto Documental Integrado que leva por título “As pegadas do pasado”, no que estudaremos a Prehistoria e os petroglifos (gravados simbólicos en pedra feitos na Prehistoria), pareceunos moi boa idea que na Festa do Entroido, que celebraremos o 8 de febreiro, veñamos todos disfrazados de homes e mulleres primitivas.
Animadevos a disfrazar aos vosos fillos e fillas e por que non?, vós, as familias, tamén podedes sumarvos a esta “festa Primitiva”, na que agardamos disfrutar, coma nos últimos anos, dos “manjares” destas datas, que con tan boa ,man preparades cos vosos pequenos.
Agradecemos, desde aquí, unha vez máis a inestimable colaboración das familias.
BIBLIOTECA DO CENTRO
Enviado por admin o Mér, 05/12/2012 - 22:15
A biblioteca do colexio (BIBLIOTECA DO CHECHO) atópase funcionando “a toda máquina”. Temos moitas actividades (certames, celebracións…) e a oferta educativa e de ocio amplíase día a día. Hai materiais de todas as áreas e para todas as idades, ademais de producións propias do colexio e libros ” marabillosos”.
O alumnado atopa neste espazo un lugar de disfrute todos os recreos, lendo, facendo consultas, informándose, usando o material informático…
Pero non só os alumnos e alumnas poden beneficiarse da nosa biblioteca, senón que tamén os pais, nais, titores e titoras poderán consultar a biblioteca do Centro os martes e mércores pola tarde (de 16:30 a 18:30). Tamén está á súa disposición libros de adultos situados na estantería que se atopa no vestíbulo do colexio, da cal poderán levar material en préstamo.
Se queredes máis información e estar ao día de todas as actividades da biblioteca, podedes consultar o blog da biblioteca: dinamizacioncarballeira.blogspot.com. Asemade se tedes alguna suxerencia facédenola chegar ao enderezo: bibliotecadochecho@hotmail.com
“AS PEGADAS DO PASADO”
Enviado por admin o Mér, 05/12/2012 - 22:13Este curso escolar, todo o colexio vai levar a cabo un proxecto documental integrado que leva por título “As pegadas do pasado”. Estudaremos os petroglifos, a vida na prehistoria… Visitaremos algún petroglifo, ademais de estudar o noso, porque xa sabedes que no recinto escolar temos un petroglifo que, agardamos, sexa “restaurado”este curso para poder disfrutar del como testemuña dos nosos antepasados.
SAMAÍN
Enviado por admin o Lun, 29/10/2012 - 17:55Como corre o tempo. Xa estamos de cheo metidos no outono e ás portas, un ano máis, da celebración do Samaín e o Magosto.
A vindeira semana celebraremos o Samaín con obradoiros de vaciado e decoración de cabazas, á vez que ornamentaremos a entrada do colexio para o efecto, rematando coa exposición dos traballos elaborados.
Animádevos a traer cabazas para decorar ou xa decoradas da casa. Podedes pedirle colaboración ás vosas familias. É un bo momento para facer algo xuntos.
Biblioteca
Enviado por admin o Xov, 10/11/2011 - 10:30A Biblioteca está funcionando a pleno rendemento. Xa sabedes que temos novos axudantes, doce alumnos e alumnas de 6º que no recreo colaboran co Equipo de Biblioteca.
Desde aquí felicitamos a Óscar, Paloma e Daniel por seren os lectores que máis libros retiraron da Biblioteca no mes de outubro..
O libro que máis gustou neste mes pasado foi “Cuarto viaje al Reino de la Fantasía” de Gerónimo Stilton e o DVD “Bob Esponja”.
Animámosvos a que visitedea a Biblioteca do Colexio e que disfrutes da mesma.
1º PREMIO PARA O NOSO COLEXIO DO CERTAME “CHOVEN LETRAS DE LOIS PEREIRO”
Enviado por admin o Dom, 05/06/2011 - 10:32Parabéns para todos, especialmente para o equipo de Dinamización.
CONTO VIAXEIRO
Enviado por admin o Mér, 01/06/2011 - 12:46Os alumnos e alumnas do colexio elaboraron o conto viaxeiro “H2O”. Un precioso e interesante conto cuns personaxes moi peculiares: Pinguiña, Pilánea, Petrólium e o científico H2O .A través deles dásenos unha interesante mensaxe.
I CERTAME LITERARIO
Enviado por admin o Mér, 01/06/2011 - 12:45No blog do Equipo de Dinamización Lingüística do colexio poderedes consultar a resolución do I Certame Literario que leva por título “Somos química: a auga”. Tamén poderedes ler os textos de poesía e narrativa premiados. Noraboa aos galardonados.
Desde aquí queremos animarvos a todos a participar en vindeiros certames.
DÁLLE Á LINGUA
Enviado por admin o Xov, 24/03/2011 - 10:53O noso alumnado do 5º nivel vai participar na actividade "DÁLLE Á LINGUA", que promove a emisora Onda Cero Pontevedra en colaboración coa Concellaría de Normalización Lingüística do Concello. No día de hoxe realizaron a gravación que trataba sobre as diferentes máscaras dos Entroidos Tradicionais en Galicia. Poderemos escoitalos do 28 de marzo ao 1 de abril en Onda Cero Pontevedra, na frecuencia 95.3 de F.M., ás 11:55 da mañá. Parabéns a estes pequenos periodistas radiofónicos por un día!
Blog do ENDL
Enviado por admin o Ven, 19/11/2010 - 20:35A profesora Ángeles, coordinadora do equipo de normalización e dinamización lingüística, ten creado un novo "blog", no que podedes ver as actividades realizadas e outras novas relacionadas coa nosa lingua.