SAMAÍN
Enviado por admin o Lun, 29/10/2012 - 17:55
Como corre o tempo. Xa estamos de cheo metidos no outono e ás portas, un ano máis, da celebración do Samaín e o Magosto.
A vindeira semana celebraremos o Samaín con obradoiros de vaciado e decoración de cabazas, á vez que ornamentaremos a entrada do colexio para o efecto, rematando coa exposición dos traballos elaborados.
Animádevos a traer cabazas para decorar ou xa decoradas da casa. Podedes pedirle colaboración ás vosas familias. É un bo momento para facer algo xuntos.