BIBLIOTECA DO CENTRO
A biblioteca do colexio (BIBLIOTECA DO CHECHO) atópase funcionando “a toda máquina”. Temos moitas actividades (certames, celebracións…) e a oferta educativa e de ocio amplíase día a día. Hai materiais de todas as áreas e para todas as idades, ademais de producións propias do colexio e libros ” marabillosos”.
O alumnado atopa neste espazo un lugar de disfrute todos os recreos, lendo, facendo consultas, informándose, usando o material informático…
Pero non só os alumnos e alumnas poden beneficiarse da nosa biblioteca, senón que tamén os pais, nais, titores e titoras poderán consultar a biblioteca do Centro os martes e mércores pola tarde (de 16:30 a 18:30). Tamén está á súa disposición libros de adultos situados na estantería que se atopa no vestíbulo do colexio, da cal poderán levar material en préstamo.
Se queredes máis información e estar ao día de todas as actividades da biblioteca, podedes consultar o blog da biblioteca: dinamizacioncarballeira.blogspot.com. Asemade se tedes alguna suxerencia facédenola chegar ao enderezo: bibliotecadochecho@hotmail.com