Taboleiro

PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2017/18

Orde do 16 de maio de 2017 (DOG de 22 de maio)

FONDO SOLIDARIO: Alumnos que cursarán 3º e 4º de Primaria con renda per cápita familiar  igual ou inferior a 9.000 €.

AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO: Alumnos que cursarán 1º e 2º de Primaria con renda per cápita familiar  igual ou inferior a 9.000 €.

AXUDAS MATERIAL ESCOLAR: Alumnos que cursarán 1º, 2º, 3º, 4º, 5º, e 6º de Primaria con renda per cápita  igual ou inferior a 5.400 €.

PRAZO: Ata o 23 de xuño de 2017

DOCUMENTACIÓN: 1 Formulario por familia, copia do libro de familia (e orixinal). Se a situación familiar, en 31 de decembro de 2015,  é diferente á que se rexistra no libro de familia, ou se se dan casos especiais deberá aportarse documentación acreditativa.

RENDA PER CÁPITA: É a renda referida ao exercicio fiscal 2015, o mesmo que a situación familiar. Calcúlase sumando os recadros 380 e 395 da declaración da renda correspondente ao ano 2015  (presentada en 2016) e dividíndoa polo número de membros da UNIDADE FAMILIAR (pais e fillos que conviven: menores de idade, agás os emancipados; maiores de idade con discapacidade; solteiros menores de 25 anos). Os membros con discapacidade igual ou superior ao 33% computarán por dous. No caso de membros con  violencia de xénero non se terá en conta os ingresos do agresor.

IMPRESOS DE SOLICITUDE poden recollerse no colexio ou no portal educativo, en http://edu.xunta.es. Deberán presentarse presencialmente, preferiblemente no centro educativo.

Para máis información, na Orde do 16 de maio de 2017 (DOG de 22 de maio) ou no colexio.

 

Lourizán, 23 de maio de 2017

 

                                                         A Directora

 

                                      Asdo.: Mª Teresa Fernández Rodríguez

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS: COMEDOR ESCOLAR E PLAN MADRUGA

O  luns, día 12 de setembro, co inicio da actividade lectiva do curso escolar, comezarán tamén a funcionar os servizos complementarios de COMEDOR e PLAN MADRUGA.

Estes son dous servizos xestionados pola ANPA do colexio e que contan coa axuda do Concello de Pontevedra.

 

As familias que desexen máis información sobre estes  servizos e os que desexen utilizalos e aindan non se inscribirán,  poderán facelo nos impresos que se xuntan ou dirixíndose á ANPA ou ben  achegándose ao colexio. 

PLAN MADRUGA E COMEDOR ESCOLAR

A Asociación de Nais e Pais de Alumnos do C.E.I.P. A CARBALLEIRA de Lourizán no seu desexo de axudar ás familias a conciliar a vida laboral coa escolar implantou este curso (2015/2016) o servizo do Plan Madruga. Deste xeito, as familias que así o desexen, poderán levar ao colexio aos seus fillos antes do horario escolar,  a partir das 07:30 horas e ademais poderán tomar o almorzo, equilibrado, saudable e variado.

 

Con esta mesma idea a ANPA está traballando para poñer a funcionar un servizo de Comedor Escolar que de seguro  poderán contar con el as familias para o vindeiro curso. Mesmo se están facendo os trámites para ver se xa pode comezar a funcionar a mediados deste ano académico.

Tríptico informativo

No arquivo adxunto podes descargar o tríptico informativo do curso escolar 2013-2014

Libros de texto para o curso 2013-2014

No arquivo adxunto podes ver a relación dos libros de texto para o curso 2013-2014.

PETROGLIFOS E ENTROIDO

Aproveitando que este curso  estamos desenvolvendo un Proxecto Documental Integrado que  leva por título “As pegadas do pasado”, no que estudaremos a Prehistoria e os petroglifos  (gravados simbólicos en pedra feitos na Prehistoria), pareceunos moi boa idea  que na Festa do Entroido, que celebraremos o 8 de febreiro, veñamos todos disfrazados de homes e mulleres primitivas.

 

Animadevos a disfrazar aos vosos fillos e fillas e por que non?, vós, as familias, tamén podedes sumarvos a esta “festa Primitiva”, na que agardamos disfrutar, coma nos últimos anos, dos  “manjares” destas datas, que con tan boa ,man preparades cos vosos pequenos.

 Agradecemos, desde aquí,  unha vez máis a inestimable colaboración das familias. 

 

COLABORACIÓN DO GRUPO ENCE

Grazas ás xestións feitas  pola Asociación de nais e pais de alumnos e alumnas do Centro,  conseguiuse unha aportación económica da empresa   ENCE para as familias con fillos no colexio. Esta axuda  destinouse á adquisición de roupa deportiva e á axenda escolar para todo o alumnado  do colexio A Carballeira

 

Os nosos parabéns ás partes implicadas.

NADAL NO COLEXIO

           Xa estamos metidos de cheo no mes de Nadal. Como todos os anos temos xa montado o Nacemento  no vestíbulo do colexio.  Podedes achegarvos ao Centro para velo.  Entre outras actividades destas datas, estamos a facer un certame de tarxetas de Nadal, entre as que se escollerá a que servirá de felicitación do noso colexio.  E para remate realizaremos o Festival de Nadal do que poderemos disfrutar nenos e grandes o día 21 pola mañá,  a iso das 11:30 horas.

BIBLIOTECA DO CENTRO

 

A biblioteca do colexio (BIBLIOTECA DO CHECHO) atópase funcionando “a toda máquina”. Temos moitas actividades (certames, celebracións…) e a oferta educativa e de ocio amplíase día a día.  Hai materiais  de todas as áreas e para todas as idades, ademais de producións propias do colexio  e libros ” marabillosos”.

O alumnado atopa neste espazo un lugar de disfrute todos os recreos, lendo, facendo consultas, informándose, usando o material informático…

Pero non só os alumnos e alumnas poden beneficiarse da nosa biblioteca, senón que tamén os  pais, nais, titores e titoras poderán consultar a biblioteca do Centro os martes e mércores pola tarde (de 16:30 a 18:30). Tamén está á súa  disposición  libros de adultos situados na  estantería que se atopa no vestíbulo do colexio, da cal poderán levar material en préstamo.

Se queredes máis información e estar ao día de todas as actividades da biblioteca, podedes consultar o blog da biblioteca: dinamizacioncarballeira.blogspot.com. Asemade se tedes alguna suxerencia facédenola chegar ao enderezo:  bibliotecadochecho@hotmail.com

“AS PEGADAS DO PASADO”

Este curso escolar, todo  o colexio vai levar a cabo un proxecto  documental integrado que leva por  título As pegadas do pasado”.  Estudaremos os petroglifos, a vida na prehistoria… Visitaremos algún petroglifo, ademais de estudar o noso,  porque xa sabedes que no recinto escolar temos un petroglifo que, agardamos, sexa “restaurado”este curso para poder disfrutar del como testemuña dos nosos antepasados.

 

Distribuir contido
Iniciar sesión: Acceso

Documentos

Secretaría

Seccións bilingües

Alumnado

Plan Dixital

Aula virtual

Robótica

Horta escolar

Instagram

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Agosto 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031