Taboleiro

Formalización matricula novo alumnado curso 2019/20

Lembrámoslles que o prazo de formalización de matricula do novo alumnado admitido será do 20 ao 30 de xuño.

Documentación necesaria:

- Impreso de formalización de matrícula (galego ou castelán)

- Fotocopia libro de familia e orixinal para cotexar

- Fotocopia da tarxeta de prestación sanitaria

- Fotocopia do carnet de familia numerosa, de ser o caso, e orixinal para cotexar

- Certificado do grao de discapacidade se é o caso, e orixinal para cotexar

- Dúas fotografías tamaño carnet

Comenzo das clases

O vindeiro mércores, 12 de setembro, ás 9:00 horas comenzarán as clases non niveis de Educación Infantil e Educación Primaria.

Vacantes alumnado curso 2018/19

Prema AQUÍ para acceder ao listado de vacantes para o próximo curso escolar.

Prema AQUÍ para consultar a normativa que regula o procedemento de admisión do alumnado.

Presentación solicitudes de admisión curso 2018/19

 

Normativa: Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG 15 de marzo de 2013) modificado pola Orde de 25 de xaneiro de 2017.

DO 1 AO 20 DE MARZO: 

Ábrese o prazo para presentar as reservas de praza para o curso 2018/19. O  formulario normalizado (ED550B) será facilitado gratuitamente na secretaría do centro e tamén estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación “admisionalumnado” e na páxina web da Consellería de Educación.
Presentarase a solicitude ANEXO II (ED550B) na secretaría do centro e acompañarase da seguinte documentación:
1º- Copia do DNI do neno/nena ou Libro de familia.
2º- Certificado de matrícula e certificación académica (se vén doutro centro)
3º- Convenio regulador ou resolución xudicial de separación, se é o caso.

4º- Copia tarxeta sanitaria do neno/a.

 

NOTA INFORMATIVA


• Só se pode presentar unha única solicitude por alumno/a no centro no que solicite praza no 1º lugar. Se non fóra así, perderanse os dereitos de prioridade.
• Se hai alumnado matriculado neste centro que presenta solicitude de admisión noutro, deberá comunicalo ao centro de orixe.
• O alumnado con praza reservada, se presenta solicitude noutro, debe comunicar a renuncia da reserva antes do inicio do prazo.
• ÁREA DE INFLUENCIA DO CENTRO: Parroquia de Lourizán, Pontemuíños e Avda Rosalía de Castro (desde intersección coa ponte da autoestrada AP-9, beirarrúa oeste).
• SERVIZOS COMPLEMENTARIOS: Transporte escolar, Plan Madruga e Comedor escolar.

 

Calendario admisión alumnado curso 2018/19

Prema AQUÍ para ver e descargar o calendario de admisión.

Robótica educativa

Unha vez afeitos á interface do MBLOCK, que emprega bloques previamente definidos para dar ordes; demos un paso máis cara á programación. 

Nesta ocasión, divertímonos facendo un pequeno vídeoxogo combinando de formalóxica os diferentes bloques, segundo o que queriamos acadar.
 
Nel, un caranguexo tiña que escapar dos polbos e apresar estrelas de mar.
 
O resultado, como vedes, todoun éxito!!!
 
Xa vos iremos contando máis novas sobre o noso PDI "Meu amigo o robot"!!! 

Solicitude de reserva de praza no IES para o curso 2018/19 para os alumnos/as de 6º

Aberto o prazo de solicitude de reserva: do 1 ao 15 de febreiro de 2018.

Poden cubrir o formulario de admisión na seguinte dirección WEB https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ a través do menú Solicitudes - Reserva - Crear solicitude de reserva. Feito iso poden optar por:

Imprimir dito formulario e achegalo ao centro educativo no que se atopa matriculado o seu fillo ou filla.

Se dispoñen de certificado dixital, presentalo en Sede Electrónica a través da aplicación.

Nembargantes, para quen o queira cubrir a man, pódeno descargar a través das seguintes ligazóns:

En galego:

https://www.edu.xunta.es/axudaplicacion/files/admisionalumnado/ED550A-G.01.pdf

En castelá:

https://www.edu.xunta.es/axudaplicacion/files/admisionalumnado/ED550A-C.01.pdf

Listado definitivo solicitudes "Fondo libros"

No arquivo adxunto podedes consultar o listado definitivo de solicitudes admitidas no "Fondo solidadrio de libros de texto".

Libro de texto curso 2017/18

 

No documento adxunto podes consultar os libros de texto para o curso escolar 2017/18.

Nota fin de curso

 

C.E.I.P. A CARBALLEIRA

LOURIZÁN-PONTEVEDRA                                                                                                      

 

            Lourizán, a 23 de xuño de 2017

 

SRES. PAIS E NAIS DE ALUMNOS/AS: 

 

        Poño no seu coñecemento a información seguinte:

 

  • ¬ Venres,  23 de xuño,  rematan as clases.
  • ¬ Ás 12:00 h. farase un pequeno acto de despedida do curso no colexio con entrada libre.
  • ¬ O prazo para solicitar a participación no fondo solidario de libros de texto (3º e 4º de Primaria), axudas de libros de texto (1º e 2º de Primaria) e material escolar (1º, 2º ,3º, 4º, 5º e 6º de Primaria) para o curso 2017/18, remata o día 23 de xuño.
  • ¬Deberán estar vostedes atentos ás seguinte datas:
  • 5 de xullo, de 10:00 h a 12:00 h: Entrega  aos responsables do historial académico do alumnado que remata 6º curso.
  • 7 de xullo, de 09:00 h a 12:00 h: Publicación das listas provisionais de alumnado que poderá usar o Fondo  solidario (3º e 4º) e entrega de vales para o alumnado beneficiario da axuda de libros de  texto (1º e 2º) e material escolar (1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º).
  • 10 e 11 de xullo, de 09:00 h. a 12:00 h.: Reclamacións
  • 14 de xullo: Publicación das listas definitivas de alumnado que poderá usar o Fondo solidario

 

  • As clases do curso 2017/18 comezarán o 11 de setembro.

 

                              

      Boas vacacións e feliz verán.

 

A directora

 

 

 

Asdo.: Mª Teresa Fernández Rodríguez

Distribuir contido
Iniciar sesión: Acceso

Documentos

Secretaría

Seccións bilingües

Alumnado

Plan Dixital

Aula virtual

Robótica

Horta escolar

Instagram

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Agosto 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031