¿Coñeces a estrela "CEIP de Abanqueiro. Boiro"?
Dende o pasado 22 de maio no ceo nocturno pódese atopar unha estrela co nome do noso centro: "CEIP de Abanqueiro. Boiro". Tamén coñecida como Beta Centauri A, está a uns 390 anos luz e atópase no sistema Beta Centauri (tamén Hadar ou Agena) e é unha estrela xigante azul e unha das máis brillantes do firmamento (porque en realidade, a parte de ser unha estrela moi brillante, vense as tres estrelas do sitema de Beta Centauri superpostas, na fotografía de arriba tedes unha mostra da superposición). Por lástima, esta estrela só é visible dende o hemisferio Sur, polo que non podemos vela dende Boiro. É unha das estrelas clave para poder localizar a Estrela Polar no Hemisferio Sur. Se facedes unha viaxe ao Hemisferio Sur, podedes atopala facilmente pois, a parte de ser unha das máis brillantes que se poden ver atópase na famosa constelación de Centauro. Podedes vela nas seguintes ligazóns: https://software.space-registry.org/registry/RE13-250835-90ES https://osr.org/oms/Beta%20Centauri/ ¿Eres capaz de atopar a nosa estrela nesta fantástica estampa nocturna?
|
|||||