Blogues |
Atención en tempada estival Para calquera cuestión será atendido en:
Mail: ceip.abanqueiro@edu.xunta.gal Telegram: @ceipabanqueiro Teléfono: 881866535 (agarden todos os tonos)
Ata o 5 de xullo, haberá servizo habitual de secretaría baixo Cita Previa. Poden solicitala aquí ou no lateral esquerdo desta web. De non haber horario dispoñible, e de ser urxente a situación, poderá contactar conosco a través dos medios arriba indicados; preferentemente por medios escritos, tanto mail como Telegram.
¡A repoñer pilas para o vindeiro curso!
|
|||
Listaxe Definitiva de Admitidos en Fondo Libros, Libros de texto e material escolar
Publicada a Listaxe Definitiva de Admitidos en Fondo Libros, aquisición de libros de texto e material escolar no tabolerio do centro. Tamén poden consultala a través da aplicación FondoLibros empregando a Chave365 ou Certificado Dixital. Segundo a Orde 7 de maio do 2024 (20/05/24) as listaxes só se poden consultar no taboleiro do centro e indican os libros asignados. No caso de que lle asignaran 4 libros deberá comprobar cales ten que mercar. Aqueles que non lle fora asignado ningún libro ou que non presentara a solicitude deberán mercar a totalidade dos libros de texto.
|
|||
LIBROS CURSO 2024/2025 No arquivo axunto pódese ver a listaxe de libros para o vindeiro curso 2024-2025. |
|||
Coa recente dixitalización galopante da educación vémonos na necesidade de crear de xeito inmediato unha grande cantidade de contido e de actividades (exercicios) para poder avaliar o mesmo. A Plataforma Moodle que nos ofrece a Consellería de Educación é moi boa e completa (de seguro que en vindeiros anos mellorará e ogallá se poida adaptar máis aos máis pequenos) pero a realización de exercicios é algo lenta, e iso tendo en conta que nos últimos anos mellorou moito. |
|||
|
|||
Listaxe Provisional de Admitidos en Fondo Libros
Publicada a Listaxe Provisional de Admitidos en Fondo Libros no tabolerio do centro. Tamén poden consultala a través da aplicación FondoLibros empregando a Chave365 ou Certificado Dixital. |
|||
Do 3 ao 6 de xuño tivemos o pracer de recibir a visita da rapazada de Santoña e Toledo. Aquí a mostra de tan bonito recordo, pinchade no enlace a continuación https://photos.app.goo.gl/dQZcQyyf8N3YKRgQA |
|||
Do 3 ao 6 de xuño tivemos o pracer de recibir a visita da rapazada de Santoña e Toledo. Aquí a mostra de tan bonito recordo, pinchade no enlace a continuación https://photos.app.goo.gl/dQZcQyyf8N3YKRgQA |
|||
Máis info en boiro.gal |
|||
|
|||
Hoxe a mágoa drenou as nosas almas ata deixarnos o máis fondo dos baleiros. Conchi, a túa marcha prematura e inesperada deixa á familia do CEIPP de Abanqueiro moi mermada; ferida cunha dor tan inesquecible como os recordos que regalaches. Boa viaxe, Presi! |
|||
O alumnado de 6º de primaria estivo traballando a redación dunha receta en inglés e tamén quixeron traer unha mostra da mesma. Que rico estaba todo!! |
|||
Hoxe desde o CEIP Plurilingüe de Abanqueiro queremos agradecer a todo o persoal, especialmente a Óscar, polas facilidades para levar a nosa rapazada de 4º, 5º e 6º a piscina de Rianxo. |
|||
|
|||
A semana pasada o alumnado de 6º de primaria conviviu con outros alumnos e alumnas de toda Galicia nunha semana de inmersión lingüística en inglés en Mondariz, onde tiveron realizaron actividades como tiro con arco, jincana, beach volley, montar a cabalo, geocaching e unha excursión ao Castelo de Sobroso. As noites estiveron cheas de emoción con actividades como Werewolves, Furor, Karaoke e disco. |
|||