Novas e actualidade. |
|
|||
|
|||
Máis info en boiro.gal |
|||
|
|||
Hoxe a mágoa drenou as nosas almas ata deixarnos o máis fondo dos baleiros. Conchi, a túa marcha prematura e inesperada deixa á familia do CEIPP de Abanqueiro moi mermada; ferida cunha dor tan inesquecible como os recordos que regalaches. Boa viaxe, Presi! |
|||
|
|||
|
|||
|
|||
Hoxe realizamos unha "Feira empresarial" como sesión final do proxecto "A empresa e o emprendemento" que realizou o alumnado de 6º. Despois de varias semanas preparando a empresa eleborando os produtos, realizando "marketing" e devolvendo o préstamo solicitado; todas as empresas foron viables e superaron amplamente os obxectivos marcados. A continuación tendes un álbum coas fotos do desenvolvemento deste proxecto. |
|||
O vindeiro mércores día 13 de marzo terá lugar, no CEIPP de Abanqueiro, unha charla-taller sobre A Alimentación en Idade Escolar. Esta charla forma parte dunha serie de actividades para traballar co alumnado do CEIP Plurilingüe de Abanqueiro (coas familias) o camiño para unha corecta e saudable alimentación. Ademais, disporemos dun servizo de canguraxe para aqueles que o necesiten; previa reserva no correo-e ceip.abanqueiro@edu.xunta.gal. Esta charla (e o conxunto de actividades que a forman) está financiada pola ANPA NAPABÁN a través da liña de axudas do Concello de Boiro. |
|||
Grazas a Carnicería Boga e Exipto Motor, o equipo de atletismo do CEIPP de Abanqueiro estrea nova equipación. Que guapos están os campións!! |
|||
Sempre é duro cando alguén da familia se marcha pero, sobre todo, cando aínda non é o seu tempo.
Adeus, José Luís!
|
|||
|
|||
Grazas ao Concello de Boiro este ano podemos desfrutar de novo material deportivo!!
|
|||
O pasado día 30 conmemoramos no noso centro o Día da Paz e a non Violencia. Con tal motivo, xuntámonos no patio para cantar todos xuntos a canción Loviu de Sandra Valero, concursante de Eurovisión Junior. |
|||