Podando prexuizos para darlle cor a vida

DÍA INTERNACIONAL DA RADIO

Hoxe, 13 de febreiro celébrase o Día Internacional da Radio e dende o CEE Santa María quixemos celebralo por medio da grabación do noso primer programa da Radio INDIRESTO.

O nome da rádio está formado polas palabras INclusiòn, DIversidade, RESpeto e TOlerancia; pilares fundamentais do noso centro educativo.

Esperamos que disfrutedes deste primer programa tanto como nos grabandoo.

Para escoitalo só tedes que premer no seguinte enlace:

https://go.ivoox.com/rf/102928589 

 

Día da Muller e a Nena na Ciencia

Mañá 11 de febreiro celébrase o día da muller e a nena na ciencia. Na biblio quixemos celebrar este día  facendo un taller sensorial, xa que hai moitas formas de coñecer a ciencia!!. Ainhoa, Laura e Brais ensinárronlles moitas cousas aos seus compis Lucia, David, Ángel e Uxia, e Marta, Iker e Lorena fixeron un gran traballo de investigación!! aquí tedes unha mostra do gran traballo que fixeron a cerca de Josefina Castellví e a Antártida, de Rosalinda Franklin e o ADN e as moléculas, de Isabel Barreto e as súas expedicións marítimas, e de Antonia Ferrín que nos ensinou moito das estrelas e a lúa!!a cal puidemos tocar coas nosas mans!, Mérida está impresionada!!

 

 

                       

25 N no Cee Santa María

Porque no Cee Santa María cremos que a educación é a base para erradicar a violencia de xénero, estes días estivemos a traballar a identificación de conductas violentas á muller. Un dos libros que usamos foi "Pepuka y el monstruo que se llevo su sonrisa" da autora Estela Moreno Bermúdez. Ademáis o alumnado de programas formativos xunto coa colaboración do resto das aulas escenificou a canción "La bella y la bestia" de Porta. 

Esperemos que vos guste o resultado e damos parabéns o alumnado polo gran traballo que realizaron.

O Cee Santa María, hoxe e sempre, contra a violencia de xénero!

ENTONCES QUEN?

Para concienciarnos sobre a necesidade da eliminación da violencia contra a muller, o  25-N fixemos, entre outras actividades, a realización dun mural no que participamos todas as aulas do centro.

TERRA DE SOÑOS

Aínda que xa vos temos contado noutros bloges algunhas saídas que fixemos (San Froilán, visita ao MIHL...), hoxe imos contarvos a visita que fixemos o pasado mércores 23 de novembro. 

O alumnado de peiteado, xardinaría e máis a aula 6, fomos ata o centro de Lugo para visitar a exposición fotográfica "TERRA DE SOÑOS". Alí, explicarónos festas típicas da india, o papel das mulleres nese país, como é alí a sanidade, etc. A exposición estaba centrada no papel da muller e a autora foi Cristina García Rodero. 

 

Deixamosvos algunhas fotos da visita.