Día da Muller e a Nena na Ciencia

Mañá 11 de febreiro celébrase o día da muller e a nena na ciencia. Na biblio quixemos celebrar este día  facendo un taller sensorial, xa que hai moitas formas de coñecer a ciencia!!. Ainhoa, Laura e Brais ensinárronlles moitas cousas aos seus compis Lucia, David, Ángel e Uxia, e Marta, Iker e Lorena fixeron un gran traballo de investigación!! aquí tedes unha mostra do gran traballo que fixeron a cerca de Josefina Castellví e a Antártida, de Rosalinda Franklin e o ADN e as moléculas, de Isabel Barreto e as súas expedicións marítimas, e de Antonia Ferrín que nos ensinou moito das estrelas e a lúa!!a cal puidemos tocar coas nosas mans!, Mérida está impresionada!!