Meteoescolas

CONCURSO DE MAIOS

Esta semana celebramos un concurso de Maios no CEE Santa Maria.

Os Maios son unha festa popular galega na que se ensalza a exaltación da natureza que sucede coa chegada da primavera.

Así quedaron!

Ata tivemos unha entrega de premios, noraboa a todos os participantes!!

Estes foron os gañadores:

1º premio: Aula 5

2º premio: Aula 7

3º premio: Aulas 8 e 9

  

Instalación da primavera

Boas!

Hoxe as aulas 1, 3, 4 e 5 fixemos unha instalación da primavera.

Foi toda unha experiencia sensorial que nos deixa coñecer un pouco máis sobre esta estación do ano.

Estrenamos o noso cubo con moitos lazos de cores chamativos como as cores da primavera, estrenamos tamén a nosa mesa sensorial que parecía un xardín con flores as cales ulían a rosas. Ademais, tamén tiñamos diferentes cubetas con material sensorial e tan colorido como é esta estación. 

Por outra banda, as luces que había daban unha tranquilidade... e ademais tiñamos uns son moi relaxantes. Tamén probamos a escoitar o son dos paus de chuvia, xa que nesta estación chove moitas veces aínda.

E, por último, probamos froitas propias desta estación como a papaya, o kiwi, as fresas... e que boas estaban!!!

A GOTA DE AUGA

As aulas 5 e 6 estiveron traballando neste vídeo, no que se representa unha historia titulada "A gota de auga" e na que se trata a importancia da auga de choiva na agricultura.

O video grabouse ao revés, para facelo máis inxenioso e divertido; e posteriormente os propios alumnos editárono empregando as tablets da aula.

Que vos parece o resultado?

 

 

DIA DA METEOROLOXÍA

Como cada 23 de marzo, celébrase o Día Mundial da Meteoroloxía. Dende o CEE Santa María, queremos celebralo compartindo algúns rexistros do tempo que temos nas nosas aulas e que se adaptan aos distintas características do alumando.

 

  

    

 

NEVE NO CEE SANTA MARÍA

Estas semanas de tanto frío, estamos a traballar o inverno por medio de diferentes actividades relacionadas coa neve.

Creamos neve usando bicarbonato e auga:

  

 Disfrutamos de diferentes mesas sensoriais:

   

 E creamos os nosos propios copos de neve:

 

UNA MAÑANA DE INVIERNO

As alumnas da aula 6 crearon está breve historia para celebrar a chegada do frío e da neve baixo o título "Una mañana de invierno".

PEQUENA NUBE

Queremos compartir este vídeo, unha adaptación da obra “Little cloud” de Eric Carle feito polas aulas 5 e 6 empregando a técnica de Stop Motion.

E vos, que formas vedes nas nubes?

MOITAS FOLERPAS

Estes días fai moito frío por Lugo!, e como se está achegando o Nadal, decidimos crear diferentes folerpas de neve usando cola branca e sal.

 

Animádesvos a facelas? 

 

ANDAMOS NAS NUBES

 

No CEE Santa María andamos nas nubes!!!!

Coñecendo e clasificando os diferentes tipos de nube en función da súa forma, tamaño e altura das súas bases.

    

   

 

 

 

 

A PEQUENA NUBE

No cole estamos a traballar as nubes e neste caso, o alumnado das aulas 4, 7 e 15 fixeron as seguintes actividades tras a lectura do conto “Pequena nube” unha adaptación do conto “Little cloud” de Eric Carle

Seguiremos compartindo as nosas experiencias!