Boas!
Hoxe as aulas 1, 3, 4 e 5 fixemos unha instalación da primavera.
Foi toda unha experiencia sensorial que nos deixa coñecer un pouco máis sobre esta estación do ano.
Estrenamos o noso cubo con moitos lazos de cores chamativos como as cores da primavera, estrenamos tamén a nosa mesa sensorial que parecía un xardín con flores as cales ulían a rosas. Ademais, tamén tiñamos diferentes cubetas con material sensorial e tan colorido como é esta estación.
Por outra banda, as luces que había daban unha tranquilidade... e ademais tiñamos uns son moi relaxantes. Tamén probamos a escoitar o son dos paus de chuvia, xa que nesta estación chove moitas veces aínda.
E, por último, probamos froitas propias desta estación como a papaya, o kiwi, as fresas... e que boas estaban!!!