DIA DO LIBRO

Para conmemorar o Día do Libro o noso centro co equipo de biblioteca e de dinamización da lingua galega, estamos a levar a cabo un proxecto bianual co Ceip  Insua Bermúdez de Vilalba.

Este proxecto consiste en compartir un conto en galego contado polo alumando dos centros. Este ano comezou o Ceip Insua Bermúdez preparando o conto "Crocodrilo namorado"  polos nenos e nenas de 1º de EP.

Como o fixeron tan ben compartimos este conto neste enlace.

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipantonioinsua/node/913

O curso seguinte será o CEE Santa María o que elaborará e compartirá un conto.

Gracias pola colaboración.

DIRECTRICES USO DA MÁSCARA NOS CENTROS EDUCATIVOS

A Dirección Xeral de saúde pública acaba de publicar unhas directrices sobre o uso das máscaras no ámbito educativo, que poden ver no seguinte enlace e documento adxunto.

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/36790

Nestas directrices indícase o seu uso obrigatorio no transporte escolar .

Uso recomendable en:

- Persoal traballador do centro educativo.

- Alumnado do centro educativo.

- Centros de educacion especial con residencia: 

              - Traballadores.

              - Visitas en zonas compartidas.

- Casos sospeitosos e confirmados de Covid-19 e contactos estreitos de casos.

Lóxicamente quedan exentos destas medidas:

    - Persoas menores de 6 anos.

    - Persoas que presenten difcultade respiratoria ou que pola súa situación de discapacidade ou dependencia non dispoñan de autonomía para quitarse a máscara ou presenten alteracións da conduta que fagan enviable o seu uso.

Gracias pola  colaboración.

Un saúdo.

O director.

Días non lectivos e transporte

Estimadas familias:

Desde o luns día 11 ata o luns día 18 de abril non teremos clase. Volveremos ás aulas o martes día 19 de abril.

Unhas novas empresas comezarán a realizar o transporte desde o día 19 ,menos a empresa Cotá que seguirá realizando a ruta pola cidade de Lugo. Estos días os responsables contactarán con vostedes para concretar detalles das paradas e o centro está en contacto cos transportistas para reducir as posibles incidencias.

Gracias pola súa colaboración. 

Un saúdo.

O director.

DIA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

Para celebrar o Dia Mundial da concienciación sobre o autismo elaboramos este vídeo. Gracias a todos e todas pola colaboración

DIA MUNDIAL SINDRME DE DOWN

Hoxe conmemórase o día adicado ás persoas con Síndrome de Down. O noso alumnado decorou o centro con carpíns de distintas cores para apoiar a inclusión social das persoas con dito síndrome.

Todos somos diferentes, pero todos e todas  podemos.

 

 

 

 

 

 

 

 

NOVA INFORMACIÓN USO DAS MÁSCARAS NOS PATIOS DOS CENTROS

A Conselleria deixa de aconsellar o uso das máscaras nos patios e espazos abertos dos centros educativos. Pódese consultar esta información no seguinte enlace.

https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/fin_de_recomendacion_de_mascaras_nos_patios_.pdf

 

 

 

 

 

DIA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA

Para celebrar o Día Internacional da Muller Traballadora elaboramos este vídeo. Gracias a tod@s.